Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/430-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pousada.

Situación: Concello de Vilaboa.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 279 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio N.92 da L.M.T. Vilaboa-Santo Adrán, ata o C.T. que se proxecta en Pousada, no concello de Vilaboa, de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.116 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o primeiro apoio de B.T. do C.T. proxectado. R.B.T., subterránea, de 3 m de lonxitude, con conductor tipo R.V. desde o C.T. Pousada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 29 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra