Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 12 de decembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dos recursos de alzada números U-2001/0110 e U-2001/0111, relativos ó expediente de reposición da legalidade urbanística número DU-22.

De conformidade co disposto no artículo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido en avda. de Castrelos, 213 baixo Vigo-Pontevedra, a resolución dos recursos de alzada números U-2001/0110 y U-2001/0111 promovidos, respectivamente por Manuel Rodríguez Durán e por Modesto Durán Magdaleno, contra a resolución dictada polo director xeral de Urbanismo, o 5 de febreiro de 2001, na que se lles impón a cada un deles unha multa coercitiva de 500.000 pesetas (3.005,06 A) consecuencia do incumprimento da resolución do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, do 15 de febreiro de 2000, dictada no expediente de reposición da legalidade urbanística DU-22, que declara ilegalizables e ordena a demolición das obras de construcción de vivendas unifamiliares, no lugar de Cova da Barxa, concello de Vigo,

da que a parte dispositiva di:

Resuelvo desestima-los recursos de alzada números U-2001/0110 y U-2001/0111 promovidos, respectivamente por Manuel Rodríguez Durán e por Modesto Durán Magdaleno, contra a resolución dictada polo director xeral de Urbanismo, o 5 de febreiro de 2001, na que se lles impón a cada un deles unha multa coercitiva de 500.000 pesetas (3.005,06 A) consecuencia do incumprimento da resolución do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, de data 15 de febreiro de 2000, dictada no expediente de reposición da legalidade urbanística DU-22, que declara ilegalizables e ordena a demolición das obras de construcción de vivendas unifamiliares no lugar de Cova da Barxa, concello de Vigo; resolución que se confirma.

Apercíbeselles de que, no caso de incumprimento da orde de demolición, procederase, de acordo co disposto no artigo 54.3º RDU, á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas reiterables ata logra-la execución polo suxeito obrigado, en contía que oscilará entre as 50.000 e as 500.000 pesetas (300,51 A e os 3.005,06 A) en función das circunstancias concorrentes e do custo estimado das actuacións necesarias para restaura-la legalidade, ou mediante a execución subsidiaria á custa do interesado.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda