Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 730

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2001, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 188/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27 de abril).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 30 de xaneiro de 2001, ás dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspiranes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 25 de xaneiro de 2002, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 5 de decembro de 2001.

Vicente Ortega Castro

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretaria xeral do Consello de Universidades

ANEXO

UNIVERSIDADE DE VIGO

*Concursos convocados por resolución da universidade de Vigo do 31-7-2001 (BOE do 29 de agosto).

Concurso nº: 54/2001.

Nº de sorteo: 45.855.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Manuel María Varela Lafuente.

Vocal secretario titular: Xosé Carlos Arias Moreiras.

Concurso nº: 55/2001.

Nº de sorteo: 45.856.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: Francisco José Valero López.

Vocal secretario titular: Ángel Berges Lobera.

Concurso nº: 56/2001.

Nº de sorteo: 45.857.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería eléctrica.

Presidente titular: José Cidrás Pidre.

Vocal secretario titular: Carlos Garrido Suárez.

Concurso nº: 57/2001.

Nº de sorteo: 45.858.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería eléctrica.

Presidente titular: Manuel Pérez Donsión.

Vocal secretario titular: Felipe Corcoles López.

Concurso nº: 58/2001.

Nº de sorteo: 45.859.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: socioloxía.

Presidente titular: José Pérez Vilariño.

Vocal secretario titular: Juan Manuel Bouzada Fernández.

Concurso nº: 59/2001.

Nº de sorteo: 45.860.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: socioloxía.

Presidente titular: José Pérez Vilariño.

Vocal secretario titular: Francisco Octavio Uña Juárez.

Concurso nº: 60/2001.

Nº de sorteo: 45.861.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: José Luis Iglesias Sánchez.

Vocal secretario titular: José Carlos Yáñez López.

Concurso nº: 61/2001.

Nº de sorteo: 45.862.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidenta titular: Irene Clara Pisón Fernández.

Vocal secretaria titular: Mª Teresa Sampedro Portas.