Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 657

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2002, do tribunal encargado de avalia-las probas para a obtención do certificado CE de formación de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril, convocadas por resolución da Dirección Xeral de Transportes con data do 27 de xaneiro de 2001, pola que se elevan a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Publicadas o 3 de decembro de 2001 as relacións provisionais de aprobados correspondentes ás probas de constatación profesional para a obtención do certificado CE de conselleiro de seguridade, convocadas por Resolución do 27 de xaneiro de 2001, e transcorrido o prazo establecido nela para presenta-las correspondentes reclamacións, unha vez examinadas estas, este tribunal

ACORDA:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Segundo.-Expo-las devanditas relacións nos lugares establecidos para o efecto na resolución de convocatoria.

Terceiro.-Que se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución pode interporse recurso de alzada ante o director xeral de Transportes (CPTOP e V) da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste no Diario Oficial de Galicia. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2002.

Carlos A. González Rodríguez

Presidente do tribunal