Para manifesta-lo seu sentimento e do pobo galego por mor de que finou o Excmo. Sr. D. Camilo José Cela Trulock, Marqués de Iria Flavia, premio Nobel de Literatura e presidente da Fundación Camilo José Cela, o presidente da Xunta de Galicia ten a vontade de facer pública a súa dor, a do Goberno galego e a de tódolos cidadáns de Galicia.
É polo que,
DISPOÑO:
Artigo único.
1. Decláranse de loito oficial en Galicia os días 18, 19 e 20 do mes de xaneiro do ano que corre.
2. Nos devanditos días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en tódolos centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, dezasete de xaneiro de dous mil dous.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente