Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de decembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-2-CD/68, conta 829 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencemen

tos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para se poren ó día das súas obrigas, ou compareceren na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos sus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de decembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Herdeiros de Marino del Río Díaz.

Expte. C-2-CD/68 (Desafiuzamento F.P. 38/00).

Conta: 829.

Avda. de Castelao, veciñal 3, Torre 1, 7º D, polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 275.190 pesetas.

-Mª Esther Cadavid Fluxa e herdeiros.

Expte. C-1-IV/78-1 (Desafiuzamento F.P. 110/01).

Conta: 181.

Pardo Bazán, bloque 47, P-51, 2º C, polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 825.952 pesetas.

-Ramón Barrul Dual e herdeiros.

Expte. C-40-IV/76 (Desafiuzamento F.P. 116/01).

Conta: 177.

Polígono de Elviña II Fase, bloque 17, P-1, 1º A (A Coruña).

Importe débeda: 2.870.963 pesetas.