Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de decembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolucións de expedientes de desafiuzamento por ocupación sen título legal (expediente C-82/010, conta 201).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, resolución do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal, causa prevista no artigo 30.2º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

A dita resolución ordena o lanzamento de Adolfo Jiménez Jiménez, Noemi Jiménez Barrul e outros da vivenda que ocupan, sita no Polígono de Esteiro, Telleiras en r/ Mestre López Dafonte, P-Ñ, 3º esq. (expediente C-82/010, conta 201 (Ferrol)), outorgando un prazo previo ó dito lanzamento de 15 días para o desaloxo voluntario.

Transcorrido o dito prazo, o lanzamento será executado por funcionario, nomeado para o efecto, polo director xeral do IGVS, coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, e con auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locales.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Pública e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de decembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 47/2001 (ocupación s/ título).

Expedientado: Adolfo Jiménez Jiménez, Noemi Jiménez Barrul e outros.

Último domicilio coñecido: Mestre López Dafonte, P-Ñ, 3º esq., polígono Esteiro-Telleiras (Ferrol).

(Expte. C-82/010, conta 201).