Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais Comarca do Baixo Miño-OAP Baixo Miño.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais Comarca do Baixo Miño-OAP Baixo Miño, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: comarca do Baixo Miño.

Profesional: organizs. ou asoc. de autónomos-empresas integradas en tódolos gremios, oficios comerciais, prof. libres, activ. artísticas, agrícolas, gandeiras, pesqueiras e, en xeral, tódolos que realicen un traballo por conta propia.

Asinan a acta de constitución: José Ramón Rey Vilar e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 14 de decembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra