Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 29 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental para a posta en funcionamento dunha estación depuradora/centro de expedición en Vilaxoán, municipio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do establecemento que se describe:

-Tipo: estación depuradora e centro de expedición.

-Nome: Hermanos Vidal Padín, S.L.

-Actividade: depuración-envasado.

-Especies: moluscos.

-Ubicación: r/ Víctor Pita, 33, Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

-Superficie dominio público: 46 m.

-Solicitante: Hermanos Vidal Padín, S.L., DNI/CIF: B-36339372.

O expediente, integrado polo estudio de impacto e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugares de exhibición:

1. Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Rúa do Valiño, 63-65, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: das 9 ás 14 horas.

2. Servicio de Recursos Mariños. Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Pontevedra. R/ Palma, nº 4, 36202 Vigo (Pontevedra).

Horas: das 9 ás 14 horas.

Prazo para formular alegacións: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no

que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2001.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS