Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

Obxecto: adquisición por compravenda de solo con destino á construcción dun centro de saúde, superficie mínima 2.000 metros cadrados.

Prazo de presentación de ofertas: quince días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: presentarase nas oficinas municipais -rexistro xeral- Praza de Galicia, 1, Monterroso.

Sobre A. Titulado oferta económica, segundo o modelo que se establece no prego de condicións, base VIII 2.

Sobre B. Titulado oferta económica, conterá necesariamente a que se establece na base VIII 2 do prego.

Apertura de plicas: o quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Criterios de adxudicación: os que se establecen na base III do prego.

Prego e forma de pago: os que se sinalan na base II e V do prego.

Monterroso, 9 de xaneiro de 2002.

Antonio E. Gato Soengas

Alcalde-presidente