Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORISTANCO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente a modificación puntual nº 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Coristanco (A Coruña), polo Pleno do Concello, en sesión do día 29 de novembro de 2001, faise público o citado acordo, en cumprimento do disposto nos artigos 42.1º, 49 e 50 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e artigo 161 do Regulamento de planeamento urbanístico, co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións ou suxestións que coiden oportunas durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no xornal El Ideal Gallego e no DOG.

Coristanco, 11 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado