Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da ampliación da rede da Coruña acometida á rúa Juan Flórez números 34, 36 e 38, promovido pola empresa Gas Natural La Coruña, S.A. (Expediente 01/7-0-G).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Gas Natural La Coruña, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en r/ Rafael Alberti, 8-entreplanta, 15008 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Orde do 16 de abril de 1996 a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a concesión administrativa para a prestación de servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais da Coruña, Culleredo e Arteixo, concesión que deveu en autorización conforme establece a disposición adicional sexta da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

Segundo.-Por Orde do 4 de xuño de 1996 autorizouse a Gas Galicia, SDG, S.A. a transmisión da concesión anterior a Gas Natural La Coruña, S.A.

Terceiro.-Con data 12 de marzo de 2001, a referida empresa solicitou, ó amparo do establecido nos artigos 89.3º e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 9 do Regu

lamento xeral do servicio público de gases combustibles aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, a aprobación do proxecto de ampliación da rede da Coruña -acometida á rúa Juan Flórez números 34, 36 e 38, así coma a declaración de utilidade pública das mencionadas instalacións, xuntando á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

O trazado afecta o termo municipal da Coruña, e as características das instalacións serán as seguintes:

A acometida iniciarase desde a rede xeral situada na r/ Juan Flórez, accedéndose á praza mediante tubaxe de aceiro normalizado.

As tubaxes discorrerán desde a acometida xeral dentro dunha gabia e enriba do forxado do garaxe existente ata os puntos de acometida ós edificios e locais comerciais. Nos ditos puntos darase servicio de gas a cada acometida individual.

O conducto por onde discorrerán os tres tubos de gas de aceiro realizarase aproveitando o espacio existente entre o pavimento da praza o xardín e a parte superior do seu forxado, sen afectar en ningún momento a elementos estructurais de calquera tipo.

As lonxitudes necesarias da tubaxe para cada acometida son as seguintes:

r/ Juan Flórez, 34 (ximnasio Centurión): 1,5 polgadas e 40 m de lonxitude.

r/ Juan Flórez, 36 (clínica dental): 3 polgadas e 31 m de lonxitude.

r/ Juan Flórez, 38 (restaurante A la Brasa): 1,5 polgadas e 25 m de lonxitude.

O orzamento ascende á cantidade de 961.077 pesetas.

Cuarto.-Esta dirección xeral someteu a información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, mediante Resolución do 15 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do 3 de xullo, no BOP da Coruña do 2 de xullo, no diario La Voz de Galicia do 3 de xullo de 2001 e no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña.

Quinto.-Durante o período legalmente establecido recibíronse as seguintes alegacións ó proxecto:

1. Tomás Rodríguez-Sabio Sánchez, en calidade de conselleiro delegado da entidade mercantil Primera Coruñesa, S.A., manifesta:

Que lle sorprendeu a recepción da notificación, dado que chegaran a un acordo verbal con Gas Coruña para evita-lo trámite de expropiación.

Que a resolución do presente expediente pode causar indefensión debido a unha serie de defectos formais:

Non se lle facilitaron plano detallado nin proxecto ningún que lle permita coñecer cál é a parte da súa propiedade que se pretende expropiar.

Non constan no expediente como prexudicados outras entidades afectadas como o Concello da Coruña, a cafetería Galia, e os propietarios das numerosas prazas de garaxe sitas debaixo da praza.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria.

Sexto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu o informe favorablemente da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, cos decretos 2913/1973, do 26 de outubro e 1775/1967, do 22 de xuño.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así coma as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de

redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas por Tomás Rodríguez-Sabio Sánchez, da contestación a elas por parte da empresa Gas Natural La Coruña, S.A. e o resto da documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

En relación á xustificación documental relativa a que existiu un principio de acordo entre as partes para a solución amigable da constitución dunha servidume de paso sobre a propiedade do alegante, a empresa Gas Coruña alega que o dito acordo non se chegou a asinar, polo que calquera actuación previa á sinatura dun contrato escrito, sen se chegar a ningún acordo asinado, non ten os requisitos que establece o artigo 1261 do Código Civil para a validez dos contratos.

Non pode alegarse indefensión cando se lle outorgou un prazo para efectua-las manifestacións que considere oportunas e o interesado renuncia ó dereito que ten de conformidade co artigo 35 a) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O proxecto estivo sometido a información pública nesta dirección xeral e na Delegación Provincial de Industria da Coruña, tal e como se indica na Resolución do 15 de xuño de 2001, publicada nos medios mencionados no punto cuarto dos antecedentes, para coñecemento xeral e especialmente para os propietarios dos terreos afectados y demais titulares afectados polo dito proxecto.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa Gas Natural La Coruña, S.A. e, por conseguinte, proceder a aproba-lo proxecto de execución de referencia nos tramos reflectidos no punto segundo dos antecedentes, correspondentes ó termo municipal da Coruña.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

-Autorizar a Gas Natural La Coruña, S.A. as instalacións que se recollen na ampliación da rede da Coruña -acometida á rúa Juan Flórez números 34, 36 e 38 e aproba-lo seu proxecto de execución.

-Declara-la utilidade pública das instalacións que se autorizan, para os efectos previstos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta autorización administrativa outórgase de acordo coas condicións xerais previstas na Lei 34/1998, do 7 de outubro, o Decreto 2613/1973, do 26 de outubro e o Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e baixo as condicións especiais seguintes:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse conforme as especificacións e planos do proxecto que se aproba.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten os datos básicos do proxecto será necesario a autorización desa Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación de dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así coma a norma UNE 20.322-86: Clasificación de localizacións con riscos de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables. A localización de canalizacións deberá realizarse segundo o establecido na norma UNE 60-302 as zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, debendo así mesmo establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de seis meses contados desde a data en que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios afectados, podendo solicitar prórroga, en caso necesario, logo da oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña deberá realizar durante as obras e unha vez rematadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Sétima.-O peticionario manterá informada á Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña de calquera incidencia que se poida producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización das probas e controis regulamentarios, todo iso con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios previstos foron realizados por entidades ou persoas legalmente facultadas e con resultado satisfactorio.

Ó remata-las obras remitirase á dita delegación provincial o certificado final de dirección de obra, asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lle son de aplicación e que se axustan ó proxecto aprobado e/ou, se é o caso, ás modificacións autorizadas, xuntando

as actas e certificacións das probas e controis regulamentarios. A delegación provincial, logo de informe do técnico designado pola dita delegación estenderá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Oitava.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manterá as condicións regulamentarias de seguridade.

Novena.-Para a seguridade das instalacións a que se refire a presente resolución establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

A. Imposición de servidume permanente de paso de gas ó longo do trazado da conducción, cunha anchura de 1 metro, 0,5 m a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a un metro contado desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar acto algún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a tres metros do eixe do trazado, a un e outro lado do mesmo. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así coma de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B. Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para os ditos fins.

Décima.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións en que se atopan as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida per

manentemente e dispor dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo, deberá facilitar ós servicios de bombeiros, concello e organismos con competencias en materia de protección civil, copia dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Décimo primeira.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo segunda.-A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto a presente autorización polas causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 20 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria