Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 3 de decembro de 2001, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00411-I-2001 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, inciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2001.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

e instructor

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00411-I-2001

Obstrucción

3325183846L145100492

Ventura Anta Fernández

Ponte, s/n

320 A Veiga (Ourense)

Con data de rexistro de saída 31-7-2001 foi requirido Ventura Anta Fernández, para que no prazo de 10 días, a contar desde a recepción do requirimento, remitise a esta subdelegación xeral: -copia das facturas emitidas polos portes realizados no mes de marzo de 2001 co vehículo PO-5960-AJ e -copia da ITV do citado vehículo. Segundo o correspondente xustificante de recepción a recepción do requirimento tivo lugar o 2-8-2001. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.

13-11-2001; 10.11.45;

Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

250.000
DX-00436-I-2001

Obstrucción

3325183846L145100492

Francisco Matalobos Tanoira, S.L.

San Xurxo de Vea-Casal, s/n

36683 A Estrada (Pontevedra)

En data 31-7-2001 requírese á empresa Francisco Matalobos Tanoira, S.L., para que no prazo de dez días a contar desde a recepción do requirimento, remitise a esta subdirección xeral a seguinte documentación: -copia das facturas emitidas polos portes realizados no mes de marzo de 2001, co vehículo matrícula GU-2119-C, discos-diagrama do citado vehículo correspondentes a marzo de 2001, así como relación de conductores que prestaron servicios no citado vehículo (TC-2 ou autónomos), copia da tarxeta de inspección técnica (ITV) do citado vehículo. Segundo o correspondente xustificante de recepción a recepción do requirimento tivo lugar o 2-8-2001. Trancorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas infraccións.

14-11-2001; 11.50.07;

Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

250.000