Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (450/2000).

Carmen Iglesias Fungueiro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número cinco dos da Coruña,

fai saber que neste xulgado e nos autos de xuízo ordinario de menor contía nº 450/2000, seguidos por instancia de Comercial E. Riego 1, S.L., representado polo procurador Bejerano Fernández, contra Alberto Lastres Antelo, en situación de rebeldía procesual, se dictou, con data do 3 de setembro de 2001, sentencia coa decisión do seguinte teor literal:

«Decido que, estimando integramente a demanda presentada polo procurador Jorge Bejerano Fernández, en nome e representación de Comercial Riego 1, S.L., asistido do letrado Ruiz de Velasco Bellas, contra Alberto Lastres Antelo, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno o demandado Alberto Lastres Antelo a que lle aboe á entidade demandante a cantidade reclamada dun millón seiscentas catro mil cento sesenta e cinco pesetas (1.604.165), cos xuros legais que serán os establecidos no artigo 921 da LAC, contados desde a interposición xudicial, e ó pagamento das custas procesuais.

E para a súa publicación no DOG, para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde, expido este edicto que se lle entrega ó presentarse, o que se faculta para que coide do seu dilixenciamento».

Na Coruña, 20 de novembro de 2001.

A secretaria

Rubricado