Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 576

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización do terceiro exercicio da fase de oposición da categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

O punto 3 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que as datas de realización das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 7 días naturais de antelación.

Adoptado acordo polo citado tribunal sobre o lugar, data e hora de realización do terceiro exercicio da fase de oposición, cómpre agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición da categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición o vindeiro día 24, ás 9 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4, de Santiago de Compostela.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte, e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que se excluirá do concurso-oposición a quen non compareza.

Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos