Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 572

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de xaneiro de 2002 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de xullo de 2000 de acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

Pola Orde do 17 de xullo de 2000 (DOG nº 147, do 31 de xullo), convocouse proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, sendo nomeados como funcionarios en prácticas a través da Resolución do 4 de outubro de 2001 (DOG nº 197, do 10 de outubro).

Unha vez publicados polo correspondente tribunal os resultados obtidos no curso selectivo e co obxecto de que as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade posible, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de promoción interna e acceso libre para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, para a elección de destino provisional, en único chamamento, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita no Polígono das Fontiñas s/n, en Santiago de Compostela, o día 22 de xaneiro ás 12 horas, podendo elixir, segundo a orde acadada no proceso selectivo, entre os postos que se relacionan no anexo desta orde, sempre que reúnan as condicións esixidas nel.

Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna terán en todo caso preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes, e poderán tomar posesión da praza que viñeran desem

peñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo e escala ó que accedan.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados, e entre as que quedaron sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA