Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 572

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 38/2001 interposto por Joaquín Ventoso Santamaría.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario

38/2001, interposto por Joaquín Ventoso Santamaría contra Resolución do 17-1-2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, desestimatoria de recurso contra outra de 10-1-2001 da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e recaída no expediente de regulación de emprego nº 03/2000 (R.A)-234/1999 (CO).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, e emprázase a persoa relacionada no anexo para que poida comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña no prazo de 9 (nove) días, mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto; de comparecer fóra do iniciado prazo, teráselles como parte, sen que por iso deba retroaerse nin interromperse o curso do procedemento e se non comparecese oportunamente continuará o procedemento polos seus trámites, sen que haxa lugar a practicarlles notificación de clase ningunha.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Marcelino Sampedro Martínez, último enderezo coñecido: r/ Romero Ortiz, 66-3º B Ribeira (A Coruña).

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA