Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 565

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo de hostalería de Ourense.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo de hostalería de Ourense (código de convenio nº 3200215, publicado no BOP número 153, do 5 de xullo de 2001), con entrada nesta delegación provincial o día 15 de outubro de 2001, no que se acorda a adaptación a euros das cantidades que se reflicten artigos e nas táboas salariais vixentes no convenio, subscrita con data do 28 de setembro de 2001, polos integrantes da comisión paritaria do citado convenio, esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente

nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 5 de novembro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta

Reunidos a comisión paritaria do convenio colectivo de hostalería, acordan a adaptación a euros das cantidades que se reflicten nos artigos e nas táboas salariais vixentes do convenio colectivo arriba indicado, que quedando como segue:

Artigo 25º.-Antigüidade: quinquenios na contía de 12,02 euros.

Artigo 28º.-Complementos en especie: 20,15 euros e 8,05 euros.

Anexo III.-Táboa salarial:

1. 893,50 euros-872,49 euros-851,56 euros-830,73 euros

2. 830,73 euros-809,61 euros-788,64 euros-768,62 euros

3. 784,69 euros-763,74 euros-742,77 euros-721,79 euros

4. 700,85 euros-679,88 euros-679,88 euros-659,95 euros

5. 630,72 euros-609,76 euros-588,80 euros-588,80 euros

6. 599,30 euros-599,30 euros-588,80 euros-588,80 euros

7. 599,30 euros-599,30 euros-588,80 euros-588,80 euros

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión asinando esta acta de acordo tódolos asistentes.

En Ourense o 28 de setembro de 2001.