Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Chan do Tenón para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 091-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, de aplicación segundo o establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Chan do Tenón coas seguintes características:

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., O Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Situación: concellos do Vicedo, Ourol e Viveiro (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.606.000,00; 4.836.000,00), V(0.609.000,00; 4.836.000,00)

V(0.610.000,00; 4.833.000,00), V(0.608.500,00; 4.829.000,00)

V(0.605.000,00; 4.825.500,00), V(0.604.000,00; 4.825.500,00)

V(0.603.250,00; 4.830.500,00), V(0.604.500,00; 4.833.000,00)

V(0.606.000,00; 4.834.000,00)

Superficie afectada: 4.406 ha.

Potencia bruta prevista: 24,8 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 18 de decembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo