Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/140-2, 5714 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: paso a sub. L.M.T. a C.T. cemiterio e C.T. Rubián.

Situación: Bóveda.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa a 20 kV con lonxitude de 0,163 km con orixe no apoio nº 3 conductor LA-56 e final no apoio nº 4. L.M.T. subterránea a 20 kV con lonxitude de 0,14 km con orixe en apoio nº 154 conductor tipo R.H.V. e final en apoio nº 155. C.T. prefabricado con potencia de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea con lonxitude de 0,18 km con orixe no C.T. cemiterio conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de novembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo