Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2002 pola que se publica a oferta de emprego para o ano 2002 desta universidade.

De conformidade co artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e cos artigos 97 e 187 dos estatutos da Universidade de Vigo, visto o acordo da Xunta de Goberno desta universidade, do 12 de novembro de 2001, este rectorado resolveu:

Primero.-De conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, publícase a oferta de emprego público do persoal funcionario de administración e servicios da Universidade de Vigo para o ano 2002:

GrupoEscalaDotación

ALetrado da Universidade de Vigo1

DAuxiliar administrativo da Universidade de Vigo48

Segundo.-Na presente oferta de emprego inclúense tódalas prazas dotadas orzamentariamente na correspondente relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servicios que se atopan vacantes ou cubertas por persoal laboral con contratos de interinidade na data da súa aprobación.

Terceiro.-As convocatorias de probas selectivas que se deriven da presente oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Consontedo co establecido na disposición adicional décimo novena da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función públi

ca, en cada convocatoria reservaráse un 4% das prazas ofertadas para ser cubertas por persoas que teñan a condición legal de minusválidos.

Cando da aplicación da citada porcentaxe resulte un resto igual ou superior a 0,5 prazas computarase como unha praza. Cando o número de vacantes ofertadas na convocatoria sexa superior a 10 pero inferior ó número necesario para computar unha praza, reservarase necesariamente unha.

En cualquera caso, respecto das persoas que superen o correspondente proceso selectivo por esta quenda, poderase requirir dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato co desempeño das tarefas e funcións do posto de traballo.

Vigo, 2 de xaneiro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA