Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 523

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECIÓN de erros.-Resolución do 19 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 98, do mércores, 23 de maio de 2001, cómpre face-la oportuna correción:

-Na páxina 6.946, columna da dereita, no capítulo IV, onde di: «Día 24 de decembro (pola tarde)», debe dicir: «Día 24 de decembro (todo o día)».