Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 05/2001).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Promotora Eólica de Galicia, S.L.

Domicilio: Cantón Grande, 6-6º A, 15003 A Coruña.

Denominación: parque eólico Monte Rande.

Concellos afectados: Ortigueira (A Coruña).

Coordenadas:

V: (X=600.776; Y=4.839.051) V: (X=600.776; Y=4.840.092)

V: (X=600.255; Y=4.840.092) V: (X=599.914; Y=4.838.542)

V: (X=600.101; Y=4.837.948) V: (X=600.264; Y=4.837.948)

Potencia que hai que instalar: 9,24 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 19 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña