Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2001, do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento do corredor central, treito: Escairón-Monforte de Lemos IV, clave: N/LU/85.2.1.5, termos municipais de Monforte de Lemos, Pantón e Sober.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizará con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 30 de xullo de 2001, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras:

acondicionamento do corredor central, treito: Escairón-Monforte de Lemos IV, clave: N/LU/85.2.1.5. termos municipais Monforte de Lemos, Pantón e Sober, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 7 de setembro de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 232/2001, publicado no DOG nº 191, do 2 de outubro de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Casa do Concello de Monforte de Lemos.

Día: 4 de febreiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Álvarez Salgueiro, Manuel e Fernández Buján, Hdos. Manuel.

Día: 5 de febreiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Fernández Díaz José e outros a Pérez Gómez, Félix.

Día: 6 de febreiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Pérez Rodríguez, David a Salgueiro Losada, Emilio e outros.

Día: 7 de febreiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Salgueiro Rodríguez, Estrella a Varela Vázquez, Ramón e outros.

-Casa do Concello de Pantón.

Día: 8 de febreiro de 2002.

Horario: 10 horas a 12 horas.

De: Arias López, Carmen a Vázquez Fernández, Josefa.

-Casa do Concello de Sober.

Día: 8 de febreiro de 2002.

Horario: 11 horas a 11.30 horas.

De: descoñecido a Mariño Taboada, Edmundo.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos nos concellos de Monforte de Lemos, Pantón e Sober e no Servicio Provincial de Estrada da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla 70, 1ª planta) 27071-Lugo.

A este acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seu peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 14 de decembro de 2001.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de estradas