Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 501

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2001 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión musical, do departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, a Martín Manuel Leranoz Iglesias (praza 1803/2001).

De conformidad coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de xaneiro de 2001 (BOE do 15 de febreiro) para a provisión da praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión musical, do departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Martín Manuel Leranoz Iglesias, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Martín Manuel Leranoz Iglesias, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión musical, do departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA