Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO.

Dando cumprimento ó disposto no artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con relación á disposición adicional 3ª punto 3, exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e nun diario de gran tirada da provincia de Ourense, o expediente obxecto do trámite de excepción para a posterior construcción dunha explotación avícola para polos no sitio denominado A Bemposta da Bemposta, na parroquia de San Pedro de Osoño, promovido por María Genoveva Vázquez Martínez, en nome e representación de Postaben Sat.

Vilardevós, 20 de setembro de 2001.

José Luis Pérez García

Alcalde