Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de convocatoria de concurso aberto para a contratación da asistencia técnica para a colaboración coa recadación executiva do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Tesourería. Nº de expediente: 2433/540.

2. Obxecto do contrato. Descrición: asistencia técnica e colaboración nos procedementos de recadación en vía executiva de ingresos municipais de dereito público e colaboración nos procedementos de xestión e recadación de expedientes sancionadores en materia de tráfico e seguridade vial do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 1.622.733,68 euros/ano (270.000.000 de pesetas/ano).

5. Garantía provisional: 60.101,21 euros (10.800.000 pesetas).

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría d.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 28-1-2002.

Documentación: a esixida na cláusula 16 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 3 de decembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde