Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Paraño para os efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 03/2001 DXI-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Paraño coas seguintes características:

Peticionario: Paraño 2001, S.A.; c/ Sáenz Díez, nº 43, entresollado, 32003 Ourense.

Situación: concellos de Beariz, Boborás, O Irixo (Ourense) e Forcarei (Pontevedra).

Localización (coordenadas poligonais UTM):

V(555.513, 4.705.812), V(556.451, 4.706.280),

V(557.837, 4.706.151), V(558.183, 4.707.000),

V(559.358, 4.707.000), V(558.789, 4.706.324),

V(559.005, 4.705.459), V(555.716, 4.704.513),

V(562.738, 4.707.000), V(563.163, 4.707.000),

V(563.409, 4.706.658), V(563.301, 4.706.193),

V(563.464, 4.705.639), V(564.823, 4.704.715),

V(564.297, 4.703.531), V(564.389, 4.701.902),

V(564.266, 4.701.512), V(564.893, 4.700.474),

V(564.350, 4.700.249), V(563.832, 4.701.237),

V(563.161, 4.701.253), V(563.302, 4.700.102),

V(562.806, 4.699.962), V(562.617, 4.700.996),

V(562.828, 4.701.498), V(561.428, 4.702.293),

V(560.938, 4.705.196), V(561.701, 4.705.214),

V(562.132, 4.702.701), V(562.936, 4.701.926),

V(563.296, 4.701.926), V(563.129, 4.703.805),

V(563.886, 4.704.529), V(562.845, 4.705.326).

Potencia bruta: 49,5 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria