Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 09/2001).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Somozas Energía Renovables, S.A.

Enderezo: lugar Igrexa, 1, 15565 As Somozas (A Coruña).

Denominación: parque eólico do Requeixo.

Concellos afectados: As Somozas (A Coruña).

Coordenadas:

V:(X=589.800; Y=4.818.120) V(X=589.840; Y=4.818.230).

V:(X=589.665; Y=4.818.335) V(X=589.000; Y=4.818.500).

V:(X=589.000; Y=4.819.000) V(X=590.000; Y=4.819.000).

V:(X=591.000; Y=4.818.900) V(X=591.700; Y=4.819.100).

V:(X=591.700; Y=4.819.500) V(X=591.450; Y=4.819.600).

V:(X=591.000; Y=4.820.800) V(X=591.300; Y=4.821.201).

V:(X=592.000; Y=4.820.500) V(X=592.000; Y=4.819.000).

V:(X=591.000; Y=4.818.000) V(X=590.258; Y=4.817.741).

Potencia que se vai instalar: 10,5 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 20 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña