Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 422

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de decembro de 2001 pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

O Decreto 120/1998, do 23 de abril (DOG do 27 de abril), regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia e dispón, no seu artigo 2, a creación de equipos de orientación específicos.

O perfil profesional dos candidatos e candidatas para desempeñar postos nestes equipos vén determinado polo artigo 5 do citado decreto, debendo responder ó dun profesional con formación e experiencia que lle permita desenvolve-las funcións esta

blecidas no artigo 18 da Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG do 31 de xullo) pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998.

Debido á existencia de vacantes no cadro de persoal dos equipos de orientación específicos, cómpre proceder a realiza-la oferta pública das ditas prazas.

En consecuencia, e en uso da autorización que figura na disposición derradeira primeira do Decreto 120/1998, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto.

Convócase concurso público de méritos para cubri-las prazas dos equipos de orientación específicos que se relacionan no anexo I desta orde.

Artigo 2º.-Concursantes.

Poderán participar neste concurso os funcionarios de carreira dos corpos docentes non universitarios, con destino en centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que reúnan na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes os requisitos xerais e específicos fixados nos artigos 3º e 4º desta orde.

Artigo 3º.-Requisitos xerais.

1. Encontrarse en situación de servicio activo, ou servicios especiais, con destino definitivo en centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia sempre que, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do número 6 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, transcorreran ó remate deste curso académico, alomenos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo. Para estes efectos entenderase como data de finalización do curso académico a do 31 de agosto de 2002 para as solicitudes de prazas de audición e linguaxe e a do 30 de setembro de 2002 para as restantes.

2. Contar cun mínimo de dous anos de experiencia nunha praza directamente relacionada co posto ó que aspira (psicoloxía e pedagoxía ou audición e linguaxe, segundo o caso).

3. Unicamente poderán solicitarse prazas correspondentes a unha das especialidades ofertadas, sendo preceptivo a presentación do proxecto ó que se fai referencia no punto 7 do anexo IV.

Artigo 4º.-Requisitos específicos.

1. Poderán solicita-las prazas ofertadas de sobredotación, discapacidades sensoriais, trastornos motóricos, trastornos xeneralizados do desenvolvemento e trastornos de conducta, os funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de psicoloxía e pedagoxía. Así mesmo, deberán acredita-la formación que lles permita desenvolve-las actividades propias da praza que soli

citan, tal como establece o punto 2º do artigo 5 do Decreto 120/1998.

2. Poderán solicita-las prazas de audición e linguaxe os funcionarios de carreira do corpo de mestres coa especialidade en audición e linguaxe.

Artigo 5º.-Instancias e documentación.

1. Instancias.

A. As persoas participantes no concurso deberán presenta-la súa solicitude mediante instancia axustada ó modelo que se publica no anexo II desta convocatoria, indicando a praza que solicitan.

B. As instancias, así como a documentación á que se alude no artigo 5.2º. da presente convocatoria, poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nos rexistros das delegacións provinciais da consellería ou en calquera das dependencias que sinala o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que se presentase a solicitude nunha oficina de correos, farase en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

2. Á instancia xuntaráselle a seguinte documentación:

A. Folla de alegacións e autobaremación, axustada ó modelo que se publica no anexo IV desta convocatoria.

B. Documentación á que se refire o anexo III desta convocatoria, para acreditar tódolos servicios e méritos alegados, así como unha relación numerada, datada e asinada, dos documentos presentados seguindo a orde que aparece no citado anexo. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta.

C. Proxecto de traballo en relación á praza solicitada, cunha extensión máxima de 25 páxinas, tamaño DIN-A4, a unha soa cara, a dobre espacio e letra tipo courier de 12 puntos. O dito proxecto deberá incluí-los seguintes puntos: xustificación baseada no contexto, obxectivos, planificación xeral e definición de accións prioritarias, estratexias de intervención e criterios de avaliación.

Na valoración dos proxectos terase en conta o carácter innovador na súa formulación, así como a capacidade para organizar, orientar e dar resposta ás situacións coas que poidan atoparse no desenvolvemento das funcións xerais e específicas asignadas ós ditos equipos.

Artigo 6º.-Prazo de presentación.

1. O prazo de presentación de instancias e documentación será de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario

Oficial de Galicia. No caso do proxecto de traballo sinalado no artigo 5.2º.C, este prazo será dun mes.

2. Os méritos alegados fóra do prazo de presentación das solicitudes non se terán en conta nin serán valorados.

Artigo 7º.-Comisión de selección.

1. Este concurso será resolto por unha comisión de valoración formada polos seguintes membros:

A. Presidente:

-A directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional ou persoa en quen delegue.

B. Vocais:

-O subdirector xeral de Ordenación Educativa.

-O xefe de Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

-Dous membros da Inspección Educativa.

C. Secretario:

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará con voz e sen voto.

Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da comisión con voz e sen voto. Coa debida antelación, o nome do representante seralle comunicado ó presidente da comisión de selección.

2. A comisión poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada, así como solicita-la participación de especialistas, para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coiden pertinentes. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da subcomisión con voz e sen voto.

3. Os membros da comisión e da subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio, estando cualificadas na categoría primeira.

Artigo 8º.-Selección.

O proceso de selección constará de dúas fases. Unha primeira na que se valorarán os méritos alegados e mailo proxecto, e unha segunda na que se realizará unha entrevista ós aspirantes que superen a primeira fase.

Artigo 9º.-Primeira fase da selección.

1. A comisión fará públicas as puntuacións provisionais asignadas a cada un dos aspirantes, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo III. Estas listas publicaranse nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais.

2. Os aspirantes poderán presenta-las alegacións que estimen convenientes contra a lista provisional, dirixidas á directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa publicación, por calquera dos procedementos recollidos no artigo 5.1º b) desta orde.

3. Unha vez estudiadas e resoltas as alegacións presentadas, a comisión publicará a lista definitiva das puntuacións nos epígrafes de méritos e proxecto de traballo, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 10º.-Segunda fase da selección.

1. Tódolos aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto serán convocados pola comisión de selección á realización dunha entrevista para mellor aprecia-las circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado e as funcións que van desempeñar no posto ó que aspiran.

2. Aqueles aspirantes que non acaden as puntuacións mínimas de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista non poderán ser propostos pola comisión, sendo seleccionados aqueles aspirantes que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas acaden as maiores puntuacións no total dos epígrafes incluídos no baremo establecido no anexo III, para a praza que solicitan.

3. No caso de producirse empates no total de puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos números 7, 8, 2, 1.1, 1.2, 1.3 e 6.

Artigo 11º.-Proposta de nomeamento.

1. A relación provisional dos concursantes preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Establecerase un prazo de cinco días hábiles, contados a partir da data de publicación, para que os interesados poidan efectua-las posibles reclamacións ou renuncias ás prazas adxudicadas provisionalmente.

2. Unha vez resoltas as reclamacións e admitidas as posibles renuncias, a comisión remitiralle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución desta convocatoria, xunto coa acta definitiva coa expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final das persoas seleccionadas con mención do posto que se lle adxudicará a cada unha delas.

Artigo 12º.-Resolución da convocatoria.

1. Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporalle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación de postos, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderán

notificados, para tódolos efectos, os concursantes ós que lles afecte. As solicitudes consideraranse desestimadas de non resolverse expresamente esta convocatoria no prazo de catro meses, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

2. As prazas adxudicadas son con carácter definitivo, polo que os seleccionados deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de outubro do ano 2002, cesando no seu destino de procedencia o 30 de setembro do mesmo ano.

Artigo 13º.-Devolución da documentación presentada.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais poderán retira-la documentación achegada para acredita-los méritos alegados, na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo dun mes desde a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva do concurso.

Artigo 14º.-Aplicación e desenvolvemento.

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Prazas nos equipos de orientación específicos

EspecialidadeEquipo

específico

Nº de

prazas

Audición e linguaxeA Coruña1

Discapacidades sensoriaisLugo1

Trastornos xeneralizados do desenvolvementoLugo1

SobredotaciónOurense1

Discapacidades sensoriaisOurense1

Trastornos motóricosOurense1

Trastornos xeneralizados do desenvolvementoOurense1

Trastornos de conductaOurense1

Audición e linguaxeOurense1

Trastornos de conductaPontevedra1

ANEXO III

Baremo

Conceptos

Puntuación

Total

puntos

máximo

Documentos xustificativos

1. Méritos específicos relacionados co posto ó que aspira.
1.1. Participación como relator/a en actividades de formación do profesorado relacionadas coa especialidade solicitada organizadas polas administracións educativas, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións citadas, así como as organizadas polas universidades.Ata 9 h: 0,10

De 10 a 18 h: 0,20

De 19 a 36 h: 0,40

De 37 a 100 h: 0,50

Máis de 100 h: 0,60

2

1.2. Dirección e organización de actividades de formación, coordinación de seminarios permanentes, proxectos de investigación e innovación en centros, relacionados coa especialidade solicitada e organizados ou homologados polas administracións educativas.Ata 25 h: 0,10

De 26 a 50 h: 0,20

De 51 a 100 h: 0,30

De 101 a 150 h: 0,40

Máis de 150 h: 0,60

1,50

Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas

1.3. Participación en programas de investigación educativa, seminarios permanentes, proxectos de formación en centros e asistencia a cursos relacionados coa especialidade solicitada e organizados ou homologados polas administracións educativas.

Non serán compatibles as valoracións dos epígrafes 1.2. e 1.3. referidas á mesma actividade.

0,25 por actividade

2

2. Asistencia a actividades de formación.
Por asistencia a actividades de formación do profesorado (cursos, xornadas, encontros, seminarios, congresos e simposios) relacionadas coa especialidade que se solicita, organizadas polas administracións educativas, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións citadas, así como as organizadas polas universidades.

Non serán compatibles as valoracións dos epígrafes 1.1., 1.2., 1.3. e 2 referidas á mesma actividade.

Ata 25 h: 0,10

De 26 a 50 h: 0,20

De 51 a 100 h: 0,30

De 101 a 150 h: 0,40

Máis de 150 h: 0,60

2

Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas

3. Publicacións.
Publicacións de carácter científico ou pedagóxico-didáctico relacionadas coa especialidade á que opta.Por libro: ata 1

Por artigo: ata 0,25

Por vídeo, CD, disquete e outras similares: ata 0,25

3

Fotocopia compulsada ou exemplares correspondentes con ISBN ou ISNN

4. Titulacións académicas.
4.1. Polo título de doutor.1,5
4.2. Ter finalizados os cursos de doutoramento.1
4.3. Por cada titulación de licenciatura distinta á alegada para o ingreso no corpo desde o que participa.

0,75

4.4. Por cada diplomatura distinta á alegada para o acceso ó cuerpo desde o que participa.

0,5

3Fotocopia compulsada do título ou certificado de estudios
4.5. Pola relación entre a praza que solicita e os estudios cursados, cursos de posgrao ou especializacións complementarias.

0,25

Non serán compatibles as valoracións dos epígrafes 4.1. e 4.2. referidos ós mesmos estudios.

5. Cursos de lingua galega.
5.1. Iniciación.0,51Fotocopia compulsada da
5.2. Perfeccionamento.1certificación acreditativa
(A puntuación destes cursos non é acumulable)

6 Antigüidade.
6.1. Por cada ano de servicio como funcionario de carreira (non se computarán os esixidos como requisito).0,22Folla de alegación e autobaremación
6.2. Por cada ano de servicio nunha praza directamente relacionada coa especialidade á que opta.0,21

7. Proxecto de traballo en relación á praza solicitada.

(Puntuación mínima esixida: 4 puntos)

Ata 6

6

Proxecto segundo as especificacións establecidas no artigo 5.2º

8. Entrevista.

(Puntuación mínima esixida: 4 puntos)

Ata 6

6

ConceptosDenominaciónNº de horasTotal puntos

1. Méritos específicos relacionados co posto ó que aspira.

1.1. Participación como relator/a en actividades de formación do profesorado relacionadas coa especialidade solicitada organizadas polas administracións educativas, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións citadas, así como as organizadas polas universidades. (Máx. 2 puntos)

1.2. Dirección e organización de actividades, coordinación de seminarios permanentes, proxectos de investigación e innovación en centros, relacionados coa especialidade solicitada e organizados ou homologados polas administracións educativas. (Máx. 1,50 puntos)

1.3. Participación en programas de investigación educativa, seminarios permanentes, proxectos de formación en centros e asistencia a cursos relacionados coa especialidade solicitada e organizados ou homologados polas administracións educativas. (Máx. 2 puntos)

Non serán compatibles as valoracións dos epígrafes 1.2. e 1.3. referidas á mesma actividade.

2. Asistencia a actividades de formación. (Máx. 2 puntos)

Por asistencia a actividades de formación do profesorado (cursos, xornadas, encontros, seminarios, congresos e simposios) relacionadas coa especialidade que se solicita, organizadas polas administracións educativas, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións citadas, así como as organizadas polas universidades.

Non serán compatibles as valoracións dos epígrafes 1.1., 1.2., 1.3. e 2 referidas á mesma actividade.

ConceptosDenominaciónTotal puntos

3. Publicacións. (Máx. 3 puntos)

Publicacións de carácter científico ou pedagóxico-didáctico relacionadas coa especialidade á que opta.

4. Titulacións académicas. (Máx. 3 puntos)

4.1. Polo título de doutor.

4.2. Ter finalizados os cursos de doutoramento.

4.3. Por cada titulación de licenciatura distinta á alegada para o ingreso no corpo desde o que participa.

4.4. Por cada diplomatura distinta á alegada para o acceso ó corpo desde o que participa.

4.5. Pola relación entre a praza que solicita e os estudios cursados, cursos de posgrao ou especializacións complementarias.

Non serán compatibles as valoracións dos epígrafes 4.1. e 4.2. referidos ós mesmos estudios.

5. Cursos de lingua galega. (Máx. 1 punto)

5.1. Iniciación.

5.2. Perfeccionamento.

(A puntuación destes cursos non é acumulable)

6. Antigüidade. (Máx. 2 puntos)

6.1. Por cada ano de servicio como funcionario de carreira (non se computarán os esixidos como requisito).

6.2. Por cada ano de servicio nunha praza directamente relacionada coa especialidade á que opta.

Anos de servicio

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE