Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 393

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xaneiro de 2002 pola que se prorrogan 40 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A Orde do 24 de maio de 1999 (DOG nº 105, do 3 de xuño), a Orde do 24 de novembro de 1999 (DOG nº 231, do 30 de novembro), a Orde do 17 de febreiro de 2000 (DOG nº 41, do 29 de febreiro), a Orde do 27 de outubro de 2000 (DOG nº 217, do 9 de novembro), a Orde do 14 de marzo de 2001 (DOG nº 62, do 28 de marzo) e a Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 203, do 19 de outubro) polas que se convocan bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, prevén na súa base terceira nas tres primeiras ordes e na cuarta para as restantes, a concesión de prórrogas ós bolseiros e bolseiras que presten a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro.

A teor do sinalado na Orde do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expediente do gasto o gasto que se proxecta está condicionado á existencia do crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos do exercicio do ano 2002.

Na súa virtude e de acordo co establecido na base terceira ou na cuarta das citadas ordes, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concédeselles prórroga para desfrutar da bolsa para a colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro ata o 25 de xullo do 2002, ás persoas que se relacionan no anexo I a esta orde e concédeselles prorroga da bolsa ata o 31 de decembro de 2002, ás persoas que se relacionan no anexo II a esta orde. Para os efectos desta resolución quedan condicionados ata a aprobación do crédito que vaia ampara-lo gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 2 de febreiro de 1998.

Segundo.-A contía da bolsa durante o período de prórroga será de 122.000 ptas. mensuais, segundo o establecido na base segunda ou terceira das citadas ordes.

Terceiro.-Contra esta disposición, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta disposición. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Nome dos beneficiariosNIF

Pérez Barcala, Gerardo36.101.816G
Novoa García, Mª Carmen35.550.421B
Souto García, Mª Belén33.283.563X

ANEXO II

Nome dos beneficiariosNIF

Sánchez Moreiras, Miriam36.097.737L
Cerqueiro Landín, Román53.110.609K
Souto Nieves, Mª Xosé33.301.506J
Mosquera Carregal, Xesús M.78.797.744C
Barcala Rodríguez, Francisco Mario52.499.799J
Alvariño Alvariño, Mª del Pilar32.663.720V
Díaz Martínez, Eva Mª32.660.410L
Botana Vilar, Mª Jesús76.358.992G
López López, Yolanda44.807.246A
Ledo Villaverde, Ana44.808.142W
Sayáns Goméz, Antonio44.813.073B
Villar Conde, Elena33.292.217Q
Buján Otero, Patricia76.871.888T
Paz Roca, Mª Carmen33.339.843D
Seijo Pereiro, Lorena46.899.043L
López Fariña, Montserrat52.497.405C
Vallejo González, María33.347.868F
Muriano Rodríguez, Mª Montserrat32.818.699E
Fernández Paredes, Beatriz76.725.406M
Juncal Pereira, Luis46.902.572Y
Blanco González, Cristina34.889.605P
Mociño González, Isabel44.447.042W
Doval Fraiz, Ana I.76.823.472E
Verde Pena, Mª Inés33.290.596M
Paredes Miras, Mª Pilar33.272.698R
Campoy Quiles, Iván44.829.518B
Cordeiro Antepazo, Raquel78.738.287H
González Tarrela, Mª Mar46.901.992R
Mascato Rey, Rosario35.448.423H
Munín Munín, Alicia33.299.904K
Fariña Miranda, Carmen79.317.313L
Vidal Castiñeira, Ana76.724.144P
Pita Rubido, Mª Luisa76.417.503A
González Martínez, Deborah53.176.830W
Arbor Aldea, Marina76.720.521L
Zapico Barbeito, Mª Pilar53.165.044S
Muiña García, Mª Milagros33.327.556G