Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de novembro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, de no-

tificación de requirimento de pagamen-

to ó debedor en réxime de compraven-

da, P-043/2001, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), e de conformidade co establecido nos artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código Civil e cláusula IV da escritura de compra-venda, notifícase ó interesado cos datos e último domicilio coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relaciona, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda, os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas, ou compareza na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estime convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 22 de novembro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-82/080 (expediente desafiuzamento: P-043/2001).

Conte: 25.

Nome: Ramón Pérez Castellón.

Último domicilio coñecido: r/ Alemaña, blq. 57, 1º A, Monteporreiro (Pontevedra).

Impago débeda: 2.767.849 pesetas.