Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2002 Páx. 329

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Compañía de Bebidas Pepsico, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Compañía de Bebidas Pepsico, S.A., con nº de código 3601752, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-10-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data 9-10-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de novembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Compañía de Bebidas Pepsico, S.A.

Vigo

Anos 2000-2001

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será aplicable ó persoal do centro de traballo de Vigo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos dentro do ámbito de aplicación do convenio, os traballadores que presten servicios no centro de traballo citado, e pertenzan a algunha das categorías profesionais que figuran na táboa salarial deste convenio que se inclúe no anexo I, podendo excluírse del aqueles traballadores para os que polo acordo coa dirección, e por escrito, establezan condicións especiais, sempre que manifesten a súa conformidade ó respecto.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2000, calquera que fora a data da súa sinatura polos compoñentes da comisión negociadora.

A súa vixencia será desde o 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2001 e quedará prorrogado tacitamente, por períodos anuais sucesivos, se cun mes de antelación polo menos, ó seu vencemento inicial ou prorrogado, non o denunciase algunha das partes contratantes.

Rematado o prazo de vixencia, seguirán rexendo as mesmas condicións aquí convidas ata a entrada en vigor dun novo convenio.

Artigo 4º.-Prelación de normas.

As normas do presente convenio regularán as relacións entre a empresa e o seu persoal preferente e excluínte de calquera outro convenio de ámbito local, provincial ou nacional que puidera celebrarse e afectase a esta empresa.

Con carácter supletorio e no non previsto, aplicaranse as disposicións legais vixentes en cada momento.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións retributivas ou de calquera outra natureza que se poidan establecer no futuro por calquera clase de convenio ou disposición legal, só terán eficacia e se aplicarán cando consideradas no seu conxunto e en cómputo anual superen as condicións deste convenio, tamén valorado no seu conxunto e en cómputo anual. No caso contrario serán absorbidas e compensadas por estas últimas, subsistindo o convenio nos seus propios termos e sen ningunha modificación dos seus conceptos, condicións e retribucións.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 6º.-Xeneralidades.

A) A teor do disposto na normativa legal, a facultade e responsabilidade de organiza-lo traballo e

de dirixir e controla-la actividade laboral, correspóndelle exclusivamente á dirección da empresa.

B) Os delegados de persoal poderán emitir informes e propostas ante a dirección da empresa no uso das súas facultades de asesoramento, orientación e proposta que corresponde ós representantes sindicais.

C) No caso de cambios de sistemas, ben que afecten a toda a empresa ou a algún departamento ou sección dela, que non modifiquen as condicións substanciais dos traballadores, a empresa respectará sempre a normativa vixente que teña que ver con estes casos.

Artigo 7º.-Xornada e horario de traballo.

A) Para o persoal que traballo a tempo, establécese unha xornada de 1.768 horas efectivas de traballo en cómputo anual, co seguinte réxime de calendario e horario:

a) Persoal de administración: traballará durante todo o ano de 7 a 15 horas, de luns a venres.

b) Persoal de administración comercial: rexerase polo horario seguinte: 10 a 15 horas e 19 a 22 horas durante os días da semana de luns a venres ámbolos dous inclusive.

B) Persoal comercial: o persoal comercial ou de distribución rexerase polo seguinte calendario laboral: durante tódolos meses do ano (xaneiro a decembro ámbolos dous inclusive), realizará o seu traballo de luns a venres, ámbolos dous inclusive.

Para o persoal comercial ou de distribución, que realiza o seu traballo a tarefa, a empresa fixará a cantidade de tarefa para cada empregado, atendendo ás características do traballo que hai que realizar en cada ruta ou sector e tendo en conta, entre outros extremos, o número de visitas que se realizarán. Se a tarefa asignada ó traballador fose considerada por este excesiva, poderá expresa-la súa desconformidade ó seu xefe inmediato. De non estar de acordo coa resolución que dea aquel á controversia, poderá recorrer por si ou a través dos seus reprentantes sindicais á dirección da empresa, quen dentro do prazo de 10 días, despois de coñece-la reclamación presentada e feitas as averiguacións correspondentes, resolverá oídos os delegados de persoal.

Contra a decisión da empresa, o traballador afectado, poderá recorrer ante o organismo laboral competente, sen prexuízo de continuar observando as instruccións recibidas, ata que se resolva definitivamente o que proceda.

A remuneración da tarefa, estará composta de dúas partes: unha, corresponderá coa remuneración establecida no presente convenio para a súa categoría profesional; a outra, baixo a denominación de comisións, servirá para retribuí-la forma na que se desenvolve a tarefa e os desfases de tempo en cómputo anual, que puidese resultar na realización normal da tarefa asignada.

Para os efectos de regularización da xornada para o ano 2000 e ademais dos correspondentes festivos de carácter nacional e local, consideraranse adicionalmente inhábiles os seguintes 13 de outubro e 22 e 29 de decembro e tres días de libre disposición, para o ano 2001 desfrutaranse catro días de libre disposición coa condición e o acordo de adiantar en datas anteriores os traballos correspondentes.

Artigo 8º.-Traballos de categoría superior.

1. O traballador que realice funcións de categoría superior ás que correspondan á categoría profesional que tivera recoñecida, por un período superior a 6 meses durante 1 ano ou 8 meses durante 2 anos, pode reclamar ante a dirección da empresa a clasificación profesional axeitada.

2. Contra a negativa da empresa e logo do informe do delegado de persoal, pode reclamar ante a xurisdicción competente.

3. Cando desempeñe funcións de categoría superior, pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 9º.-Traballos de categoría inferior.

Se por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva, o empresario precisase destinar un traballador a tarefas correspondentes a categoría inferior á súa, só poderá facelo co tempo imprescindible, manténdolle a retribución e demais dereitos derivados da súa categoría profesional e comunicándollo ós representantes legais dos traballadores.

Capítulo III

Clasificación de persoal

Artigo 10º.-Categorías profesionais.

A empresa comporase dos seguintes departamentos e categorías profesionais:

A) Persoal técnico: titulados (de grao superior ou medio). Encargado xeral ou xefe de departamento, encargado de sección e encargado de grupo.

B) Persoal administrativo: oficial de 1ª, oficial de 2ª, auxiliar e aspirante.

C) Persoal comercial ou de distribución: oficial de 1ª, oficial de 2ª, candidato, axudante e peón.

D) Persoal subalterno: ordenanza, porteiros, vixilantes, persoal de limpeza e similares.

As categorías profesionais consignadas e enumeradas, así como os departamentos especificados no presente convenio, son meramente enunciativos e non supoñen a obriga de te-la existencia total dos departamentos mencionados e cubrir tódalas prazas que neles se indican, se a necesidade e o volume da empresa non o require.

En canto ás súas funcións e cometidos, aplicarase o disposto no acordo substitutorio da ordenanza laboral para as industrias de bebidas refrescantes.

Artigo 11º.-Concurso-oposición.

Nos casos nos que para a provisión de vacantes ou novos postos, sexa necesario o concurso-oposición, este desenvolverase de acordo coa normativa establecida.

Artigo 12º.-Revisión de cadro de persoal.

A empresa comprométese a estudiar cada ano as posibles propostas que con respecto á clasificación do persoal poden realiza-los traballadores por si ou a través dos seus representantes sindicais.

Capítulo IV

Ingresos, período de proba e cesamentos

Artigo 13º.-Ingresos.

Establécese con carácter xeral que a idade mínima para ingresar na empresa é a de 18 anos, sen prexuízo da posibilidade excepcional de contratación de maiores de 16 anos, coas limitacións legais establecidas para estes casos.

A contratación de traballadores realizarase con cumprimento das normas legais establecidas en materia de emprego, e constará por escrito coa entrega da correspondente copia ó traballador.

Terán preferencia os traballadores que como eventuais, interinos, para obra ou servicio determinado e temporeiro ou de campaña, prestasen os seus servicios á empresa dentro dos 12 meses inmediatamente anteriores, non fosen baixa voluntaria nela, a non ser que tal baixa voluntaria se producise na data anunciada polo interesado ó subscribi-lo seu contrato de traballo e a dita data fose aceptada pola empresa, nin fosen causa de despedimento procedente.

A preferencia entenderase por rigorosa orde de antigüidade entre os de igual categoría e posto de traballo, respectándose durante o prazo de 3 días naturais a partir do seguinte en que formulase a petición na Oficina de Emprego.

Así mesmo, establécese, en caso de igualdade entre os solicitantes, un criterio de preferencia a favor dos fillos dos traballadores fixos da empresa, xa se encontren en activo, xubilados ou que falecesen, sempre que cumpran tódolos requisitos legais e estean debidamente inscritos na Oficina de Colocación.

Artigo 14º.-Período de proba.

O ingreso do persoal entenderase como provisional ata rematado o período de proba, que será de:

* 14 días laborais para os traballadores non cualificados.

* 5 meses para técnicos titulados.

* 2 meses para os demáis traballadores.

A situación de incapacidade laboral transitoria que afecte ó traballador durante o período de proba, interrompe o seu cómputo.

Transcorrido o período de proba sen que se producise desistencia por calquera das partes, o traballador pasa a ser fixo, eventual, interino de temporada ou de calquera outra modalidade establecida e autorizada pola lei.

Os períodos de proba anteriormente sinalados, aplicaranse tamén para os casos de ascensos.

Artigo 15º.-Cesamentos.

No caso de que un traballador queira cesar no seu posto de traballo, terá que notificalo por escrito á empresa cunha antelación de 14 días, con desconto, no caso contrario, dos días que baixasen dos indicados.

Capítulo V

Horas extraordinarias, vacacións e licencias

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

Para o persoal que traballe a tempo, terá a consideración de horas extraordinarias cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo e aboaranse de acordo táboa de horas extras, segundo anexo III.

Non se terá en conta para o cómputo do número máximo das horas extras autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar siniestros ou outros danos extraordinarios.

A iniciativa no traballo en horas extraordinarias, correspóndelle á empresa, e a libre aceptación ou denegación, ó traballador.

Durante a vixencia do presente convenio, os traballadores que realizasen horas extraordinarias, faranas dentro dos límites legais.

Artigo 17º.-Vacacións.

Durante a vixencia do presente convenio fíxase un período de vacacións anuais retribuídas de 31 días naturais, ou a parte proporcional que corresponda, caso de non levar traballando na empresa o ano necesario para o desfrute pleno do seu dereito.

O período de vacacións, tendo en conta o carácter estacional do noso sector, non poderá ser desfrutado dentro dos meses de campaña. Non obstante, de acordo a empresa e os seus traballadores, estes desfrutarán as súas vacacións utilizando os 12 meses do ano. Establécese que para o cumprimento se dividan as vacacións en dúas épocas, de xeito que se desfruten 14 días en temporada estival e 17 días no resto do ano. Para este desfrute, faríao unha persoa de cada sección e en sentido rotativo para cada un dos anos. Establécese o desfrute adicional en 2001 doutro día de libre disposición.

Durante o período de vacacións a retribución que percibirán os traballadores pertencentes á sección comercial, estará constituída polo soldo, complemento extrasalarial, complemento ad personam e o 100% da media das comisións por vendas que perciba durante os doce meses anteriores.

Artigo 18º.-Licencias e permisos retribuídos.

O persoal afectado polo presente convenio, terá dereito a solicitar licencia:

A) Con percibo de soldo de convenio e complemento extrasalarial, logo de comunicación á empresa, coa antelación suficiente, en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador: 17 días naturais.

b) Por falecemento do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos, irmáns e irmáns políticos: 4 días naturais. Por avós, avós políticos e netos: 2 días naturais.

c) Por falecemento de tíos e tíos políticos: 1 día natural.

d) Por voda de irmáns, irmáns políticos, pais e fillos: 1 día natural.

e) Por maternidade de esposa: 4 días naturais.

f) Por cambio de domicilio habitual: 2 días naturais.

g) Por enfermidade grave, intervención cirúrxica ou hospitalización do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos, fillos políticos, irmáns, irmáns políticos: 4 días naturais.No caso de avós e netos: 2 días naturais.

h) Por maternidade de fillas, fillas políticas: 1 día natural.

Con carácter supletorio e no non previsto, aplicarase o disposto nos artigos 37 e 48 do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais que sobre esta materia estean vixentes en cada momento.

Se os feitos a que se refiren as alíneas b), c) e g) ocorresen noutra provincia e concorresen circunstancias excepcionais, a empresa poderá amplia-las citadas licencias segundo casos, ata 7 días naturais.

As licencias anteriormente sinaladas, establecense especificamente para as circunstancias que se expresan, debendo ser desfrutadas no momento no que se producen estas circunstancias, sen que en ningún caso poidan ser alegadas noutra ocasión con cargo a elas.

Artigo 19º.-Excedencias.

1º A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reintegro deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2º O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron 4 anos desde o remate da anterior excedencia.

3º Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo contado desde a data de nacemento deste.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se estivese desfrutando.

Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

4º Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso a esta situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5º O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que tivera ou se producira na empresa.

6º A situación de excedencia poderá entenderse a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e os efectos que alí se provexan.

7º Durante o período de excedencia, de calquera clase que sexa, o traballador excedente non percibirá soldo nin retribución ningunha.

Artigo 20º.-Traslados.

O traslado dun traballador desde o seu centro de traballo na empresa a outro distinto, poderá realizarse a solicitude do interesado, por necesidades do servicio ou por mutuo acordo entre traballador e a empresa.

Cando o traslado, logo de aceptación por parte da empresa, se efectúe a solicitude do interesado, aquela poderá modifica-la categoría e retribución se fose a nivel inferior no novo posto. O traslado neste caso non dará dereito a ningunha indemnización por gastos que o cambio de residencia orixine.

En canto ós traslados por mutuo acordo e ós forzosos, ámbalas dúas partes aplicarán o que ordene a normativa vixente ó respecto.

Capítulo VI

Disposicións sindicais

Artigo 21º.-Afiliación sindical.

A empresa respectará o dereito do traballador á súa libre afiliación sindical e non establecerá discriminación pola súa militancia sindical nin pola expresión da súa ideoloxía política ou sindical.

Artigo 22º.-Dereitos e garantías sindicais.

O delegado de persoal terá a representación dos traballadores da empresa.

O delegado de persoal desfrutará dun máximo de 18 horas mensuais para o exercicio dos seus cargos. Estas horas mensuais que correspondan ós representantes sindicais, poderán superarse nos meses que sexa preciso, tomándoas das non utilizadas no mes anterior ou anticipándoas a conta do mes próxi

mo, pero en ningún caso nos meses de xuño, xullo e agosto.

As ausencias ó traballo por motivos sindicais con cargo a crédito de horas polos ditos motivos, deberán ser comunicadas á empresa coa suficiente antelación, con presentación posterior de xustificante da ocupación sindical das horas desfrutadas.

En canto a garantías sindicais, ámbalas dúas partes rexeranse nesta materia polo que en cada momento determinen as normas e disposicións locais.

Establécense cinco horas anuais para a celebración de asembleas para tratar asuntos que afecten os intereses laborais dos traballadores.

Artigo 23º.-Funcións dos delegados de persoal.

O delegado de persoal no ámbito da súa competencia terá as seguintes funcións:

a) Solicitar información nos casos de desconformidade do traballador coa liquidación que se lle practique no suposto cesamento.

b) Solicitar información sobre as liquidacións da Seguridade Social presentadas pola empresa.

c) Dispor dun lugar para reunións e un taboleiro de anuncios.

d) Normas establecidas polo Estatuto dos traballadores segundo o artigo 64.

Capítulo VII

Réxime económico

Artigo 24º.-Salarios.

Ano 2000:

Os salarios que rexerán durante o presente ano son os que figuran no anexo I deste convenio.

Ano 2001:

Serán os que resulten de incrementa-los vixentes en 2000, o IPC rexistrado no ano 2000 segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística máis 0,5 puntos. A porcentaxe resultante aplicarase por igual a tódolos conceptos retributivos.

Artigo 25º.-Complemento ad personam.

A supresión acordada do complemento de antigüidade como concepto retributivo, esixía arbitrar outro que recolla as cantidades xa devengadas por este concepto e as acordadas en trance de adquisición que se consoliden no seu momento, de acordo co establecido no convenio de 1999.

Todas estas cantidades, baixo a denominación de complemento ad personam, terán carácter estrictamente persoal e individualizado e gozarán de carácter salarial.

Artigo 26º.-Complemento de empresa.

Aboaranse a todo o persoal na contía mensual que figura no anexo I deste convenio, pagadeiro en 15,5 mensualidades que corresponden ás 12 pagas do ano, así como gratificación extraordinarias de xullo,

Nadal, beneficios e 15 días de paga de vacacións establecidas no artigo seguinte, se ben como tódolos demais conceptos retributivos, percibirase prorrateado en doce mensualidades.

O complemento de empresa percibirase por mes efectivamente traballado, considerándose para estes efectos como tales, o mes de vacacións regulamentarias e as licencias retribuídas no artigo 18º deste convenio.

Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse as seguintes:

* Paga de xullo.

* Paga de Nadal.

* Paga de beneficios.

A contía de cada unha delas será o equivalente a unha mensualidade do soldo convenio, máis antigüidade e complemento extrasalarial, se ben por acordo cos traballadores, percibiranse rateadas nos doce meses do ano.

Artigo 28º.-Paga de vacacións.

Tódolos traballadores percibirán unha bolsa de vacacións, equivalente a 15 días de soldo de convenio máis antigüidade e a parte proporcional do complemento extrasalarial.

Ó igual que as gratificacións extraordinarias, percibirase rateada nos doce meses do ano.

Artigo 29º.-Nocturnidade.

O persoal que traballe entre as 22 e as 6 horas, percibirá un suplemento de traballo nocturno, equivalente ó 30% do seu salario ordinario, distinguíndose os seguinte puntos:

1. Quen traballe dentro dos indicados límites de tempo que non exceda de 4 horas, percibirá a bonificación soamente sobre as horas traballadas.

2. Se as horas traballadas neste período exceden de 4 horas, a bonificación que se establece percibirase polo total da xornada traballada.

Deste suplemento, exceptúanse aqueles traballos que pola súa natureza, teñen que realizarse de noite.

Artigo 30º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias realizas polo persoal, aboaranse cos importes establecidos no anexo III deste convenio.

Artigo 31º.-Comisións incentivos para o persoal comercial.

O persoal comercial vendedor cunha ruta asignada, percibirá unhas comisións-incentivos mensuais en función do cumprimento duns obxectivos que se asignarán na ruta cada mes, en base ós seguintes factores:

* Volume.

* Prezo neto.

* Execución.

Cada un destes factores terá o seguinte peso específico na consecución do 100% dos incentivos:

* Volume: 60%.

* Prezo neto: 30%.

* Execución: 10%.

Os obxectivos fixaranse polo superior durante os tres primeiros días laborais de cada mes de conformidade co plan operativo anual da compañía, tomando como referencia tanto de volume como de prezo, as vendas e o prezo neto do ano anterior. Os obxectivos faranse constar no impreso creado para tal efecto (anexo IV) asinando o traballador o recibín deles. Ó remata-lo mes, valorarase o cumprimento dos obxectivos de acordo factores indicados anteriormente.

Créanse dúas táboas (anexo II) para o persoal que estea prestando servicio activo no momento da sinatura do presente convenio, e que ten a súa orixe nas percepcións percibidas en anos anteriores, que recollen a cantidade que serve de base de cálculo para a percepción das comisións-incentivos no ano 2000. Nos anos sucesivos, esa base persoal revisarase na porcentaxe que se acorde en convenio.

* A táboa 1 será de aplicación ós vendedores actuais titulares de ruta. Os vendedores correquendas percibirán a media de comisións obtidas polas rutas do seu grupo.

* A táboa 2 aplicarase ós store visitors. O cálculo da súa retribución variable será o resultado da avaliación por parte do seu superior do cumprimento dos obxectivos marcados recollidos mensualmente no documento que figura como anexo. A percepción deste caso poderá oscilar entre o 0 e o 125%.

A cantidade base da comisión-incentivo correspóndelle á consecución do 100% dos obxectivos marcados. A percepción da comisión-incentivo calcularase de xeito separado para cada un dos factores e poderá variar entre o 0 e o 150%, percibíndoa en proporción ó seu grao de cumprimento.

A táboa 3 (anexo) aplicarase ás novas incorporacións ó departamento comercial e polo tanto sen histórico anterior, cando estas asuman unha ruta con carácter permanente.

As persoas que se incorporen con carácter temporal ou estean en período de formación, percibirán a cantidade de 8.000 pesetas semanais en concepto de incentivo durante o período máximo de 6 meses, sen serlles de aplicación, polo tanto, a táboa 3.

Cando unha persoa desfrute de vacacións, os obxectivos mensuais e a base da comisión-incentivo ratearase polo número dos días efectivamente traballados. Este mesmo criterio operará nos casos de IT.

Artigo 32º.-Enfermidade e accidente. Indemnización económica complementaria.

No caso de baixa dun traballador, por causa de IT (incapacidade transitoria) por enfermidade común

ou accidente non laboral, a empresa aboaralle as cantidades necesarias ata completa-lo 100% das súas percepcións fixas que rixan para a súa categoría profesional, se esta fose a primeira baixa do ano. Se se producise a segunda baixa do ano, na mesma persoa, aboarase ata completa-lo 90% das súas percepcións fixas que rixan para a súa categoría profesional durante os dez primeiros días de cada proceso e ata o 100% das súas percepcións fixas a partir do día décimo primeiro da baixa, resarcíndose a empresa das devolucións que efectúe o organismo da Seguridade Social correspondente, esixindo os documentos necesarios que acrediten a iniciación da súa situación, os partes de confirmación e o posterior recobro.

Exceptúanse do réxime anterior os casos de intervención cirúrxica, hospitalización ou enfermidade crónica dictaminada por facultativo ne que a empresa aboará ata o 100% das súas percepcións fixas desde o primeiro día, ó igual que nos períodos IT por accidente laboral.

Polo que se refire a retribucións variables (comisións de persoal comercial) seguirán o mesmo réxime que o establecido para as fixas, sobre o importe das comisións percibidas nos 12 meses anteriores.

Artigo 33º.-Axudas de custo.

Os traballadores que mediante orde expresa da empresa e para realizar traballos por conta dela se vexan obrigados a trasladarse accidentalmente a localidade distinta á da súa residencia, con desprazamentos a lugares distintos do seu centro de traballo, que imposibiliten o seu regreso normal, obrigándose a efectuar xantar fóra do seu domicilio ou ter necesidade de tomar aloxamento, terán dereito ás seguintes percepcións:

* Almorzo: 593.

* Xantar: 2.207.

* Cea: 2.207.

* Aloxamento: 2.331.

Non se consideran traslados accidentais os desprazamentos do persoal de distribución ou comercial, que realizan para o cumprimento das súas funcións que non sexa preciso pernoitar fóra dos seus domicilios.

Artigo 34º.-Axuda de xantar.

Establécese para o persoal de distribución ou comercial que no transcurso do seu traballo deba efectua-lo seu xantar en ruta, consistente en 1.338 pesetas día de traballo.

Artigo 35º.-Seguro voluntario da empresa.

A empresa comprométese a satisfacer á correspondente compañía de seguros as primas necesarias e previstas na póliza subscrita con ela, para que

esta se obrigue a satisfacer ós traballadores ou beneficiarios, se é o caso, os seguintes capitais:

ConceptoPersoal solteiro,

divorciado sen

fillos e viúvo

sen fillos

Persoal casado

sen fillos ou

viúvo con fillos,

divorciados e

solteiros con

fillos

Persoal casado

con fillos

Falecemento, incapacid. profes. total e permanente e incapacid. absoluta e permanente. 700.0001.400.0002.100.000

Falecemento por accid.1.400.0002.800.0004.200.000

Falecemento por accid. de circulación.2.100.0004.200.0006.300.000

Artigo 36º.-Beneficios sociais.

A empresa concederalle ós seus traballadores as asignacións seguintes, logo da oportuna xustificación:

* Por matrimonio: 10.900 pesetas.

* Por cada fillo que naza: 6.210 pesetas.

* Por fillo subnormal, diminuído físico, ademais das prestacións da S. Social: 7.600 pesetas.

Artigo 37º.-Axuda de calzado.

O persoal comercial e de distribución, terá dereito en concepto de axuda de calzado, a unha asignación de 3.850 pesetas semestrais, condicionado a que usen calzado de cor oscuro.

Artigo 38º.-Caixa de producto.

Durante a vixencia deste convenio, os traballadores en cadro de persoal terán un desconto do 40% en tódalas caixas de producto que adquiran nos seus respectivos centros de traballo.

Artigo 39º.-Prima de asistencia.

Os traballadores procedentes da antiga fábrica que estivesen percibindo prima de asistencia, aboada por día efectivamente traballado, seguirán tendo dereito o seu percibo en concepto de retribución ad personam e de xeito individualizado.

O seu importe para o ano 1999 establécese en 10.865 pesetas/mes.

Artigo 40º.-Prima incentivo.

O persoal con categoría de auxiliar administrativo percibirá unha prima de 6.044 pesetas mensuais durante a vixencia do presente convenio, por día efectivamente traballado ou a parte proporcional ós días traballados no mes.

Capítulo VIII

Disposicións varias

Artigo 41º.-Carné de conducir e multas.

No caso de suspensión do carné de conducir do traballador, a empresa procurará facilitar ó traballador afectado outro posto de traballo, percibindo nel as retribucións propias daquel.

As multas imputables a culpa do traballador, serán aboadas por este. No caso contrario pagaraas a empresa, que se fará tamén responsable das orixinadas por exceso de carga dos vehículos e polo número de viaxeiros que teñan a condición de ser persoal de servicio da empresa.

Artigo 42º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará anualmente ó persoal de vendas, unha chaqueta curta, dúas camisas, dous pantalóns e un anorak cada dous anos, que se entregarán no mes de maio.

Quedará a discrección dos encargados das seccións, o proveer dalgunha prenda suplementaria de traballo, aparte das sinaladas, segundo as circunstancias que puideran presentarse e no caso de necesidade xustificada.

Artigo 43º.-Medidas disciplinarias.

No caso de imposición de sancións por parte da empresa, estas serán comunicadas por escrito ó traballador, dando conta posterior e simultaneamente no caso de sancións por faltas graves e moi graves ó delegado de persoal.

A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa, serán sempre revisables ante a xurisdicción competente de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores.

Cando o traballador sexa requirido pola dirección da empresa para tratar temas relacionados co réxime disciplinario, o traballador, se o solicitase, poderá acudir acompañado dun dos seus respectivos representantes sindicais.

Artigo 44º.-Comisión paritaria.

Para efectos de seguimento, cumprimento ou interpretación das cláusulas deste convenio, constitúese unha comisión paritaria cunha interpretación con carácter previo a calquera reclamación ou recurso que puidera interpoñerse de xeito oficial en calquera instancia, composta por dous representantes de entre os delegados de persoal e polos designados pola empresa.

Artigo 45º.-Quebranto de moeda.

O persoal comercial distribuidor a cargo de ruta que en cumprimento da súa función manexe diñeiro efectivo, polo concepto de quebranto de moeda, recibirá a cantidade de 1.454 pesetas por mes e ruta, e cun aboamento efectuado por meses e días de traballo efectivo.

Artigo 46º.-Capacidade diminuída.

A empresa procurará asignar a aqueles traballadores que por accidente de traballo ou enfermidade sufran a diminución das súas facultades físicas ou intelectuais e non tivese recoñecida incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta e grande invalidez, un posto de traballo máis apto ás súas condicións, sempre que medie en tal sentido informe favorable do facultativo.

En tal caso, pasarán a ocupa-lo dito posto coa categoría e retribucións propias del.

Se non fose posible asignarlle ese posto, terá preferencia para ocupalo sobre calquera outro alleo á empresa cando se teña que cubrir esa vacante.

Artigo 47º.-Liquidacións e control sindical.

A empresa comprométese a aceptar plenamente todo o que a lei determine no referente a ambos temas.

E para que así conste e en proba de conformidade co todo o anteriormente establecido, asinan o presente convenio de empresa e os anexos I e VI que se citan dentro do seu articulado, no lugar e data do encabezamento.

Convenio colectivo Vigo

Táboa 3

DepartamentoCategoríaSalario mensual (con p.p. pagas) Anual

ComercialVendedor150.000 1.800.000

Candidato125.000 1.500.000

-Para as persoas que se incorporen ó departamento comercial e durante os 6 primeiros meses, que se consideren de formación, percibirán a cantidade de 8.000 pesetas semanais en concepto de incentivo-comisión.

-A partir do dito período, rexerán as seguintes bases para o concepto comisións-incentivo:

Vendedor: 800.000 pesetas/ano.

Candidato: 600.000 pesetas/ano.

Ámbalas dúas cantidades ratearanse segundo a estacionalidade da ruta ou función que vai realizar.

Cadro valor horas extraordinarias

% AntigüidadeImporte/hora

Oficial 1º admón.-

5

10

16

22

28

34

40

46

52

2.756

2.851

2.948

3.065

3.183

3.300

3.417

3.530

3.645

3.761

Oficial 2º admón.-

5

10

16

22

28

34

40

46

52

2.559

2.645

2.737

2.842

2.947

3.051

3.158

3.262

3.369

3.473

Auxiliar admón.-

5

10

16

22

28

34

40

46

52

2.192

2.269

2.346

2.437

2.521

2.622

2.710

2.804

2.891

2.984

Salarios

(Vixencia desde o 1-1-2000 ó 31-12-2000)

Soldo convenio

Complemento

extrasalarial

Base

antigüidade

Administración
Oficial 1ª191.00822.609160.054
Oficial 2ª173.52123.145145.409
Auxiliar admón.149.85716.198125.343

Comercial
Xefe de grupo220.09733.623184.442
Vendedor e distribuidor131.59420.099115.609
Candidato124.38621.862109.273
Axudante vendedor e peón112.73614.417 99.039
Oficial 1ª158.27320.833132.385
Oficial 1ª servicio técnico184.53122.535154.636

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER