Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 28 de outubro de 2001, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Ardemil (Ordes-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Ardemil (Ordes-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 148/1988, do 14 de abril (DOG do 9 de xuño):

Primeiro.-Con data do 16 de outubro de 2001, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración da zona de Ardemil (Ordes-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público nos concellos de Ordes e Mesía e na zona, durante trinta días hábiles contados desde o seguinte día en que sexa publicado ó ultimo dos

avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia ou no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Estructuras Rurais (edificio administrativo, planta 6ª, praza de Luís Seoane, s/n, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio para os efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria so poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigo 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

A Coruña, 28 de outubro de 2001.

Rodolfo Rodríguez-Morales González

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais

Rogelio de Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO