Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 309

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (617/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado de Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 617/2001 seguidos por instancia de Antonio Bello Rey e outro, contra Aluminios Magal, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 5-12-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Antonio Bello Rey e José Pedro Pazos Couto, contra a empresa

Aluminios Magal, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 486.392 pesetas a Antonio Bello Rey e 211.918 pesetas a José Pedro Pazos Couto, que lles debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución as partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 617-2001 do Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aluminios Magal, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 5 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado