Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 309

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (481/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 481/2001, seguidos por instancia de Ramón Peniza Vázquez contra Román Beiro García, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 26-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por Ramón Peniza Vázquez, contra a empresa Román Beiro García, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 341.471 pesetas, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada do que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 481-2001 do Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Román Beiro García, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 4 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado