Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de novembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requerimentos de pagamento ós debedores que se relacionan unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-1-CD/79, conta 147 e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 29 de novembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Julio e Rubén López Martínez, herdeiros de José A. López Calviño.

Expte. C-1-CD/79 (desafiuzamento F.P. 117/01).

Conta: 147.

O Birloque, bloque 4, P-4, 7º A (A Coruña).

Importe débeda: 2.833.882 pesetas.

-Rafael Álvarez López e Mª Carmen Doval Gestal.

Expte. C-1-CD/79 (F.P. 118/01).

Conta: 464.

O Birloque, bloque 12, P-12, 6º D (A Coruña).

Importe débeda: 884.882 pesetas.