Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 8-10-2001.

Obxecto: instalacións de captación de auga de mar para utilizar na fábrica de conservas.

Porto: Castiñeiras.

Adxudicatario: Conservas Castiñeiras, S.L.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 8-10-2001.

Obxecto: construcción de nave para industria dedicada a axentes consignatarios de buques.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Adxudicatario: Consignaciones Puebla, S.L.

Prazo: 30 anos.

Resolución: 15-10-2001.

Obxecto: instalacións da lonxa para a prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Corme.

Adxudicatario: confraría de pescadores de Corme.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 26-9-2001.

Obxecto: cambio de titularidade e modificación de concesión con destino á construcción de peirao e muro.

Porto: Vilaxoán.

Adxudicatario: Hermanos Vidal Padín, S.L.

Prazo: ata o 15 de decembro de 2022.

Contra os citados actos administrativos, que poñen fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia