Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 34/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, con base no disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo de 1 mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador: Secretaría 34/2001.

Denunciada: Luis Seco Miron.

DNI/CIF: 33279529.

Último enderezo coñecido: lugar de Liñares. Rois.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: quince mil pesetas.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña