Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do modificado do proxecto de execución, denominado L.M.T., C.T., R.B.T. Ladar, A Goleta e Seixós (Monterroso). (Expediente 016/1999 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T. Ladar, A Goleta e Seixós.

Situación: Monterroso.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. a C.T. San Breixo e remate no C.T. de Seixós, de 530 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. a C.T. de Seixós e remate no C.T. de Ladar, de 680 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de novembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo