Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 31/1999).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Escambeo, S.L.

Enderezo: lugar de San Pedro-parroquia As Neves-Ortigueira (A Coruña).

Denominación: Parque Eólico de Areosa.

Concellos afectados: Ortigueira (A Coruña).

Coordenadas:

V: (X=592.420; Y=4.826.230) V: (X=593.320; Y=4.826.670)

V: (X=593.580; Y=4.826.090) V: (X=593.810; Y=4.826.090)

V: (X=594.120; Y=4.826.790) V: (X=594.380; Y=4.826.790)

V: (X=594.380; Y=4.826.630) V: (X=595.660; Y=4.825.340)

V: (X=595.660; Y=4.824.750) V: (X=595.270; Y=4.824.750)

V: (X=594.790; Y=4.825.000) V: (X=594.250; Y=4.825.050)

V: (X=594.100; Y=4.824.920) V: (X=593.620; Y=4.824.740)

V: (X=593.700; Y=4.824.000) V: (X=593.000; Y=4.823.400)

V: (X=592.560; Y=4.824.330) V: (X=591.670; Y=4.823.900)

V: (X=591.510; Y=4.824.100) V: (X=592.200; Y=4.824.670)

Potencia que se vai instalar: 50 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia, axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 18 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña