Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación das obras incluídas no Plan de recuperación da arquitectura popular da provincia da Coruña.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación das obras incluídas no Plan de recuperación da arquitectura popular da provincia da Coruña, que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo dos vinteseis días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de decembro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Obras incluídas no Plan de recuperación da arquitectura popular da provincia da Coruña.

Denominación.

Lugar de execución

Orzamento

Anualidades

Prazo

execución

Clasificación

Garantía

provisional

Garantía

definitiva

Cedeira

Restauración e dotación de mobiliario na garita de Herbeira1.250.163 ptas.

7.513,63 euros

Ano 1999: 1.250.163 ptas. 7.513,63 euros

Ano 2000:0,00 euros

Ano 2001:0,00 euros

Ano 2002:0,00 euros

Ano 2003:0,00 euros

1 mesNon se esixeNon se esixe4% do prezo de adxudicación