Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración dun autoescala automático con cisterna e bomba e un autobomba nutriz con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros de Santiago de Compostela. (Expediente 01/11137 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración dun autoescala automático con cisterna e bomba e un autobomba nutriz con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros de Santiago de Compostela (CPV 34105430-6).

Lugar de entrega: Parque Comarcal de Bombeiros de Santiago de Compostela.

Prazo de entrega: seis meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 96.712.800 pesetas= 581.255,63 euros, IVE incluído ó 16%.

Garantía provisional: 1.934.256 pesetas= 11.625,11 euros.

Garantía definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Tel. 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas do día 16 de febreiro de 2002.

Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 27 de decembro de 2001.

A Coruña, 27 de decembro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña