Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da asistencia á deputación para o servicio de gravación das actividades realizadas pola Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 10936/2001).

Obxecto: servicio de gravación das actividades realizadas pola Deputación Provincial da Coruña.

Orzamento: máximo de 42.070,85 euros (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 26 de decembro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña