Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

No BOP de Lugo correspondente ás datas que se indican, publícanse integramente as bases para cubri-las seguintes prazas de persoal deste concello, incluídas na oferta de emprego público para o ano 2001:

-BOP nº 274, correspondente ó día 29 de novembro de 2001, publícanse as bases para cubrir como persoal fixo, mediante concurso-oposición, dúas prazas de peón.

-BOP nº 275, correspondente ó día 30 de novembro de 2001, publícanse as bases para cubrir en propiedade, mediante oposición libre, unha praza de auxiliar de Administración xeral, vacante no cadro de persoal funcionario desta corporación.

-BOP nº 277, correspondente ó día 3 de decembro de 2001, publícanse as bases para cubrir como persoal laboral fixo, mediante concurso-oposición, unha praza de axudante de matarife.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Sarria, 3 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado