Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Bajamar Séptima, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Bajamar Séptima, S.A. (código convenio 1503182) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-10-2001 e complementado o 25-10-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, o día 24-9-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenio colectivo de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de outubro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo Bajamar Séptima, S.A. ano 2001

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio terá aplicación no centro de traballo de Baixamar Séptima, S.A., sito no polígono industrial de Sabón, parcela 13, de Arteixo, A Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará a totalidade do persoal existente no momento da súa sinatura en Bajamar Séptima, S.A., así como ó que se incorpore a posteriori ós respectivos cadros de persoal.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio estará en vigor desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro do mesmo ano. Cando non se produza denuncia dalgunha das partes o presente convenio entenderase prorrogado de ano en ano en tódalas súas cláusulas. A denuncia realizarase cunha antelación de dous meses ó remate de vixencia, comunicándoselle á outra parte e á autoridade laboral competente. Producida a denuncia, manterase en vigor todo o articulado do convenio ata nova sinatura.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O conxunto das condicións pactadas neste convenio absorberá e compensará aquelas melloras que puideran establecerse polas disposicións legais vixentes en cada momento.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas e son as que figuran nas táboas salariais anexas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas acordadas en contrato individual entre empresa e traballador, vixente á entrada en vigor do convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: cinco membros repartidos proporcionalmente á representatividade obtida por cada sindicato nas eleccións sindicais.

Parte empresarial: cinco membros que designará a empresa.

Cando a comisión paritaria non chegue a acordo na interpretación ou aplicación do convenio, someterase á xurisdición laboral competente.

Artigo 6º.-Grupo de clasificación.

O persoal ao servicio da empresa incluído no ámbito de aplicación deste convenio queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais.

I. Persoal técnico: clasifícanse neste grupo os que realizen traballos que esixan, con titulación ou sen

ela, unha adecuada competencia práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

O dito grupo clasificarase pola súa vez nos seguintes subgrupos:

I.1. Técnico con título medio.

I.2. Técnico con título non superior.

I.3. Técnicos non titulados.

2. Administrativos e persoal de mantemento: neste concepto quedan comprendidos os que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior, así como o persoal que se dedique a funcións de mantemento. Clasificarase pola súa vez en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

3. Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo o persoal que execute fundamentalmente traballo de índole material ou mecánico, e engloba o persoal de fabricación, cámaras e oficios varios, así como o persoal subalterno. Este pola súa vez clasifícase en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

Artigo 7º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na previsión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar os traballadores/as que no instante de iniciarse a selección conten con contratos a tempo parcial, en segundo lugar os que estiveran relacionados coa empresa e en terceiro lugar as peticións dos fillos ou fillas dos traballadores/as en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolles o emprego, en todo caso, se superan as probas de aptitude que corresponda. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións e saber non sexan inferiores ó doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informar ó comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, daráselle difusión no taboleiro de anuncios.

Artigo 8º.-Postos especiais.

A empresa procurará empregar ó persoal que por razóns de idade ou doutra índole se ve reducido na súa capacidade física ou intelectual en tarefas que se axeiten ás súas condicións reais, no caso de que existan as ditas tarefas. Igual criterio se seguirá con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión.

Artigo 9º.-Persoal a tempo completo.

A empresa comprométese a manter un cadro de persoal de traballadores/as a tempo completo de 26 traballadores/as. Tanto as novas contratacións que se produzan a tempo completo, como a conversión dos contratos a tempo parcial a contratos a tempo completo, entenderanse efectuadas a réxime da flexibilidade horaria ( horario flexible y distribución irregular da xornada), sen prexuízo de respeta-los derei

tos adquiridos a título individual. As incorporacións de novo persoal a tempo completo realizaranse entre os traballadores/as a tempo parcial existentes na empresa, respectando as seguintes preferencias: en primeiro lugar incorporaranse a tempo completo os/as traballadores/as de tempo parcial que superen os 50 anos e dentro deste grupo respectarase a maior antigüidade. Se non existisen traballadores maiores de 50 anos respectarase a maior antigüidade para acceder a postos de traballo a tempo completo. Os/as traballadores/as a tempo parcial que accedan a xornada completa con flexibilidade horaria seguirán percibindo o complemento de dispoñibilidade mensual, mentres se manteña o mesmo réxime de xornada.

Artigo 10º.-Xornada e horario de traballo.

A xornada anual será de 1.736 horas de traballo efectivo. Distribuída de luns a venres en quendas de maña tarde e noite repartido do seguinte xeito:

Producción, servicios auxiliares e administración de servicios.

Mañá: 6 a 14 horas.

Tarde: 14 a 22 horas.

Noite: 22 a 6 horas.

Administración inverno.

Grupo A.

Maña: 8 a 14 horas.

Tarde: 15 a 17.10 horas.

Grupo B.

Mañá: 8 a 14 horas.

Tarde: 16 a 18.10 horas.

Administración verán (15 xuño a 15 setembro incluídos).

Grupo A e B.

Xornada única de 8 a 14.30 horas.

Trimestralmente comunicaráselle ó comité o número de quendas realizadas por cada traballador para o seu control. A empresa poñerá os medios necesario para que o remata-lo ano o número de xornadas de noite, tarde e mañá sexa igual para tódolos traballadores/as non voluntarios a quenda de noite. O traballo dos sábados farase con persoal que nos seus contratos así se especifique ou con persoal voluntario.

O tempo de bocadillo que actualmente se vén disfrutando, será realizado entre a 3ª e a 5ª hora do comezo da xornada.

Horario de novas contratacións.

Persoal de administración. Ante circunstancias novas de contratación, estas axustaranse ós horarios que individualmente se acorden en cada contrato. A xornada máxima, así como os descansos semanais e diarios, serán os establecidos no convenio colectivo. Horario de verán administrativos e técnicos, do 15 de xuño ó 15 de setembro: mañá de 8 horas a 14.30 horas.

Artigo 11º.-Vacacións.

As vacacións adaptaranse á xornada máxima 1.736 horas e serán pactadas entre o comité de empresa e a empresa.

Dada a natureza do seu traballo, o persoal de mantemento desfrutará as súas vacacións en períodos diferentes ós recollidos no calendario anual do resto do cadro de persoal, que coincide coa máxima actividade para eles. Para tal efecto pactarase un sistema de quendas, que permita atende-las necesidades da empresa, e o desfrute das súas vacacións en períodos o máis parecidos posibles ós demais traballadores.

Persoal administración.

Cando por necesidades excepcionais e circunstanciais, algún traballador/ora vira modificado o comezo do seu período vacacional (previamente establecido no calendario de vacacións), e sempre que se lle comunique cunha antelación mínima de dous meses, percibirá en concreto de bolsa de vacacións a cantidade de 20.000 pesetas.

No suposto de que tal modificación sexa comunicada cun intervalo menor a dous meses, a cantidade que vai percibir será de 30.000 ptas.; igual cantidade aboarase no caso de que, comezado o período de vacacións (só por causas de auténtica necesidade), este tivese que ser interrompido. Asimesmo aboaranse os gastos xustificables que lle puideran ocasionar. Unha vez rematada a causa que deu motivo a algunha das circunstancias referidas, procederase segundo sexa, ó comezo das vacacións ou a continua-lo desfrute do período restante, en todo caso sempre dentro do ano en que estamos. Será sempre o traballador/ora quen elixa o novo período de desfrute vacacional. As cantidades sinaladas serán aboadas nun só pagamento e coincidente coa nómina correspondente ó mes no que se produciu a situación de desfrute irregular de vacacións.

Artigo 12º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vai realizar, de acordo coa seguinte escala:

-Técnicos titulados sen contrato en prácticas: seis meses.

-Resto de persoal e técnicos títulados con contrato en práticas:

* Contrato de ata seis meses: 15 días de proba.

* Contrato de máis de seis meses: 1 mes de proba

Artigo 13º.-Licencias non retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a 10 días de permiso non retribuído ó ano para asuntos propios debidamente xustificados, poderase fracionar en dous períodos sendo o tempo mínimo que se collerá de 5 días. O traballador /a avisará cun prazo mínimo de 7 días naturais salvo causas de forza maior.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

O traballador/a, logo de aviso e xustificándoo adecuadamente, terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio: quince días.

b) Tres días naturais no caso de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. No caso de falecemento de parentes de 3º grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será tamén de 3 días naturais. Cando, polos motivos antes citados o traballador/a necesite facer un desprazamento para tal efecto, o prazo será de cinco días.

c) Un día por traslado de domicilio.

d) Un día por intervención cirúrxica sen internamento ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal.

f) Polo tempo indispensable para acudi-lo traballador/a a probas ou consultas médicas nos centros sanitarios da Seguridade Social, sempre que se acredite fidedignamente, e se teña notificado con anterioridade á empresa.

Concédense os mesmos dereitos á compañeira/o que á esposa/o, tanto no caso de parto como de enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse naturais.

Artigo 15º.-Vestiario.

A utilización da roupa de traballo deberase utilizar exclusivamente para traballar en Bajamar Séptima, S.A. Todo o persoal da empresa, dependendo da tarefa que teña que realizar, recibirá o seguinte vestiario:

* Operarias

CantidadeRoupaCambio

2pares de zocospor reposición

2calzóns frío mulleranual

2camisetas fríoanual

2casacasanual

2pantalónsanual

4pares de calcetínsanual

* Encargadas

CantidadeRoupaCambio

2pares de zocospor reposición

2calzón frío mujeranual

2camisetas de fríoanual

2batasanual

2pantalonesanual

4pares de calcetínsanual

* Cámaras

CantidadeRoupaCambio

1par botas aisl. fríopor reposición

2xerseispor reposición

2pasamontañaspor reposición

2fundasanual

1traxe de fríopor reposición

4pares de calcetínspor reposición

2camisetas de fríoanual

O vestiario de frío entregarase ó incorporarse ó cadro de persoal e repoñerase cando se produza rotura ou deterioración.

* Administrativos e carretilleiros externos

CantidadeRoupacambio

2pares de zocospor reposición

2pantalónsanual

2batasanual

4pares de calcetínsanual

2camisetas de fríoanual

2xerseispor reposición

* Mantemento

CantidadeRoupaCambio

1par de botasanual

4fundaspor reposición

4pares de calcetínsanual

2camisetas de fríoanual

1traxe de fríopor reposición

1par de botas fríopor reposición

1pasamontañaspor reposición

O persoal de mantemento contará con roupa adecuada para realiza-lo traballo en cámaras, sendo este esterilizado despois de cada uso.

* Resto de persoal

CantidadeRoupa

1par de zocos

2batas

As datas de reposición serán nos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro de cada ano.

Para casos excepcionais e por petición do comité de empresa poderanse adianta-las datas de reposición, para que tódolos traballadores/as que non teñan completo o seu vestiario como se establece en convenio colectivo.

Por reposición entenderase que é cando a roupa ou calzado está deteriorado e non valla para traballar habitualmente, no dito caso cambiarase por unha da mesma calidade, sempre e cando se devolva a peza deteriorada.

Artigo 16º.-Estrutura salarial.

Salario base: será igual para todo o persoal de Baixamar séptima sendo o seu valor segundo as táboas salariais anexas.

Antigüidade: a antigüidade de Bajamar Séptima, S.A., terá o tope máximo do 60% do salario base, e aboarase en función de trienios consolidados a razón do 6,5% do salario base por cada trienio, aplicando sempre esta porcentaxe sobre o salario base vixente no ano en que estamos.

Complemento de convenio: é o complemento que aparece nas táboas salariais e é identico para tódalas categorías e seccións.

Complemento de cualificación persoal: complemento de cualificación persoal según categorías. Aparece recollido nas táboas anexas.

Complemento de posto de traballo: é o complemento que se percibe polas condicións específicas do posto de traballo.

Artigo 17º.-Salarios.

Son os que constan na táboa salarial anexa e que supoñen unha suba do 4,5% de tódolos conceptos a excepción de : antigüidade, locomoción, transporte e axudas de custo con respecto ós salarios existentes durante o ano 2000. Revisión salarial: finalizado o exercicio 2001, procederase a unha revisión salarial consistente en aplica-la diferencia positiva entre o incremento pactado e o índice de prezos ó consumo (IPC) sempre que este supere o 4,5% á 31 de decembro de 2001. A porcentaxe en que o IPC supere o 4,5% aplicarase sobre o salario anual do ano 2000 e aboarase nunha soa paga, durante o primeiro trimestre do ano 2002. Este incremento terase en conta como base de cálculo para o incremento do ano 2002.

Artigo 18º.-Complementos.

Complemento de nocturnidade: os traballadores/as que realicen a súa xornada na quenda de noite percibirán a cantidade que figura na tabla de salarios anexa. Os traballadores/as que permanentemente traballen na quenda de noite percibirán un complemento mensual que figura nas táboas salariais anexas. As persoas que desexen apuntarse ou deixar de pertencer ó dito grupo deberán comunicalo á empresa cun mes de antelación.

As solicitudes de incorporación á quenda de noite serán estudiadas entre a empresa e o comité en función da súa cualificación e as dispoñibilidades existentes tendo que ter recibida contestación da súa aceptación ou non para formar parte da quenda de noite no prazo máximo de 15 días.

Complemento de transporte: o persoal de administración que, por ter unha xornada distinta ó servicio de autobús posto á disposición dos traballadores por parte da empresa, percibirá a cantidade resultante de aplica-la seguinte fórmula:

Pta. autobús A Coruña-Arteixo Viaxes ano

Complemento de transporte= x1,17

12

Mensual (12 pagas)

A revisión do dito complemento farase anualmente tomando como prezo vixente o existente o 1 de xaneiro de cada ano. Para calcula-lo número de viaxe consideraranse 4 viaxes diarias durante a xornada partida e 2 durante a xornada continuada.

Complemento de desprazamento: será aboado pola empresa a todo o persoal a razón de 900 ptas./día cando o traballador/a realice por solicitude da empresa un horario que o obrigue a desprazarse sen

poder emprega-lo servicio de autobús da empresa; empregue este ou non habitualmente. O persoal de administración terá dereito a este complemento cando realice un desprazamento extra.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

É firme a vontade de ámbalas dúas partes da redución ó mínimo de horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán aboadas segundo a táboa salarial anexa. A estes valores incrementaráselle-la nocturnidade nun 75% ou 100% cando proceda.

As horas extras que se realicen en domingos e festivos, ademais de contar coa retribución antes sinalada, teñen a bonificación de igual tempo de descanso en xornada laboral habitual que tempo traballado, que será disfrutado nos 15 días inmediatos á súa realización.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencias nas quendas provocadas por licencias retribuídas ou IT.

-Ausencia imprevista de relevo no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias que poidan afecta-la producción e periodos punta de traballo.

-Posta en marcha e peche da empresa.

As horas extras terán en todo instante o carácter de voluntarias tal como prevé o ET no artigo 35.4º, salvo o pactado en contratos individuais.

Cando a xornada laboral normal de oito horas exceda en máis de 5 minutos e estea xustificada por razóns de traballo aboarase como a continuación se indica:

Entre máis de 5 minutos e 30 minutos aboarase a razón de media hora extraordinaria.

Entre máis de 30 minutos e 1 hora aboarase a razón dunha hora extraordinaria.

Artigo 20º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, incluído o persoal con contratos para a formación, desfrutará de tres pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade máis os complementos salariais que correspondan. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

b) O día 15 de xullo. O período de devengo é de 1 de xaneiro ó 30 de xuño do ano que se paga.

c) O día 15 de cecembro. O período de devengo é do 1 de xullo ó 31 de decembro do ano no que se paga.

As ditas pagas serán sempre completas aínda que se produzan baixas por acidente ou enfermidade e serán iguais, facéndose efectivas o día laboral imediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

Así mesmo, tódolos traballadores e traballadoras cobrarán unha cuarta paga segundo táboas salariais

anexas, máis a antigüidade que será aboada o 15 de outubro. A dita paga devengarase desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro. Para o ano 1999 o incremento da dita paga será de 10.000 ptas. con respecto ó importe do ano 1998.

Artigo 21º.-Contrato de aprendizaxe.

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despedimento improcedente obxectivo, ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato de aprendizaxe:

Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

Prórroga: mínimo de 6 meses.

Idade: de 16 a 21 anos.

Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

Titor: cada dous aprendices como máximo terán un titor que teña como mínimo o nivel de cualificación que teña que adquiri-lo aprendiz.

Salario: o primeiro ano ó 100% do salario base do convenio e ó segundo ano o 120 % do salario base do convenio.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de xantar de 1.830 pesetas. Deberase entón parti-la xornada laboral considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo circustancias, para poder realiza-lo dito xantar. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen duas ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

En caso especiais, se as necesidades do traballo urxente o requiren, o traballador/a poderá prescindir do tempo previsto para o seu xantar ou cea sen que isto signifique a perda da axuda de custo establecida.

Artigo 23º.-Complemento por ILT e accidente de traballo.

Cando o persoal da empresa estea en situación de IT terá un complemnto de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando sempre e cando sexa debido a A.T. ou E.P.; así mesmo percibirá ata o 100% do salario cando se trate de E.P. e E.C. que requira hospitalización.

A tódolos traballadores/as da sección de fabricación e mantemento e os traballadores de servicios auxiliares aboaráselles, na totalidade das baixas, o 100% do seu salario se no semestre anterior non se superou o 6% de absentismo laboral nestas seccións. Outro tanto sucederá cos traballadores/as de administración se nesta sección non se superou o 3% do absentismo no semestre anterior.

Artigo 24º.-Indemnización no caso de morte ou invalidez permanente por causa de accidente.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa mediante a concentración de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantirá ós seus traballadores/as ou, no seu caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día.

A. Por acidente non laboral.

A.1. Morte do traballador/a.

Os herdeiros do traballador/a, ou, no seu defecto, a persoa que este designara, percibirán a cantidade de oito millóns catrocentas trece mil oitocentas sesenta y cinco pesetas (8.413.865 pesetas).

A.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador/a e gran invalidez.

O traballador/a percibirá a cantidade de oito millóns catrocentas trece mil oitocentas sesenta y cinco pesetas (8.413.865 pesetas) para os primeiros casos, dezaseis millóns oitocentas vintesete mil setecentas vinteoito pesetas (16.827.728 pesetas) nos segundos casos e trinta e tres millons seiscentas cincuenta e cinco mil catrocentas sesenta pesetas (33.655.460 pesetas) nos terceiros casos.

B. Por accidente laboral.

B.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador/a ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designara, percibirán a cantidade de oito millóns catrocentas trece mil oitocentas sesenta y cinco pesetas (8.413.865 pesetas).

B.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador/a percibirá a cantidade de oito millóns catrocentas trece mil oitocentas sesenta y cinco pesetas (8.413.865 ptas.) para os primeiros casos, dezaseis millóns oitocentas vintesete mil setecentas vinteoito pesetas (16.827.728 ptas.) nos segundos casos e trinta e tres millóns seiscentas cincuenta e cinco mil catrocentas sesenta pesetas (33.655.460 ptas.) nos terceiros casos.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador/a, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permenente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador/a para efectos de incapacidade permenente absoluta e que, por consecuencia da perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, xantar ou análogos.

Estas condicións quedan establecidas na póliza de seguros, a copia da cal será entregada ó comité de empresa.

Artigo 25º.-Xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio, ós 65 anos, para todo o persoal da empresa.

Non obstante, a empresa realizará os trámites precisos co obxecto de xestiona-la xubilación anticipada e voluntaria co 100% da base de cotización que lle correspondería ós 65 anos e que teñan cotizado ó réxime da Seguridade Social antes do 1 de xaneiro de 1967.

Se a empresa decidise cubrir estas baixas terá en conta o disposto no artigo 7º.

Ó producirse a xubilación forzosa a quen leve máis de 20 anos traballando na empresa, concederáselle un premio de tres mensualidades completas; no caso de que leve máis de 15 anos dúas mensualidades completas e nos casos que a antigüidade sexa de 10 ou máis anos unha mensualidade, tamén completa. Se a dita xubilación se anticipa ós 65 anos gratificarase, ademais de co dito anteriormente ó traballador/a con 15 días máis por ano de anticipo.

Artigo 26º.-Aplicación do presente convenio e vinculación á totalidade.

Se a empresa, por causas económicas ou doutra índole, decide non aplica-lo presente convenio, terá que contar previamente coa autorización da comisión paritaria e, no caso de non mediar acordo, serán os tribunais do social os que arbitren unha solución definitiva. Mentres non haxa acordo ou resolución a aplicación do presente convenio será de obrigado cumprimento.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, por conseguinte, a non aplicación dalgunha das condicións nel pactadas supoñen as da totalidade.

No suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, non aprobase ou modificase algunha das súas cláusulas, a comisión negociadora do convenio deberá reunirse para revisalo.

Artigo 27º.-Formación do persoal.

Os obxectivos en formación son os seguintes:

-Integra-la formación na política global de xestión de recursos humanos da empresa.

-Potenciar iniciativas de formación que favorezan a modernización e xestión da empresa.

-Impulsar unha formación continua que asegure o mantemento das competencias dos empregos e, ó mesmo tempo, facilite a adquisición de novas capacidades que estimulen a promoción interna.

-Renovar e desenvolve-las as destrezas e coñecementos en función da previsible evolución das profesións e empregos, centrando a atención nas cualificacións que se requiren para o futuro.

-Ampliar e desenvolve-la colaboración con outras institucións públicas naqueles programas que complementen iniciativas de formación da compañía.

Financiamento da formación.

A formación, promovida pola empresa, poderase realizar dentro ou fóra da xornada laboral. No caso de ser realizada fóra da xornada laboral, a empresa aboaralle ó traballador/a as horas realizadas a razón do 50% do seu salario/hora ou ben en tempo libre a razón do 50% das horas realizadas de formación.

No caso de que a formación requira desprazamento ou necesidade doutro tipo de axudas de custo estas serán aboadas pola empresa integramente.

Artigo 28º.-Faltas, sancións e procedemento sancionador.

Faltas.

As faltas cometidas polo traballador/a serán cualificadas, segundo importancia, trascendencia e intención, en leves, graves ou moi graves.

1. Consideraranse como faltas leves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por un tempo total inferior a vinte minutos.

b) A inasistencia inxustificada dun día durante o período dun mes.

c) A non comunicación coa antelación previa da inasistencia ó traballo por causa xustificada, salvo que fora acreditada a imposibilidade da non notificación.

d) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por breves períodos de tempo e sempre que iso non causara risco á integridade das persoas ou cousas, caso este no cal se poderá cualificar, segundo a gravidade, como falta grave ou moi grave.

e) A desatención e falta de corrección no trato co público cando non prexudiquen gravemente a imaxe da empresa.

f) Os descoidos na conservación do material que se tivera a cargo ou fose reponsable e que se produzan deterioracións leves del.

g) A embriaguez non habitual no traballo.

2. Consideraranse como faltas graves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por tempo total de ata sesenta minutos.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo de dous ou catro días durante o período dun mes.

c) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tiveran incidencia na Seguridade Social.

d) A simulación de enfermidade ou acidente, sen prexuízo do previsto na letra d) do número.

e) A suplantación doutro traballador, alterando os rexistros e controis de entrada e saída ó traballo.

f) A desobediencia á ordes e instruccións de traballo, incluídas as relativas a normas de seguridade e hixiene, así como a imprudencia ou neglixencia

no traballo, salvo que delas derivasen prexuízos graves á empresa, causen avarías ás instalacións, maquinaria e, en xeral, bens da empresa ou comportasen risco de acidente para as persoas, caso este no cal serán consideradas como faltas moi graves.

g) A falta de comunicación á empresa dos desperfectos ou anormalidades observados nos útiles, ferramentas, vehículos e obras ó seu cargo, cando iso derivase nun prexuício grave á empresa.

h) A realización sen o oportuno permiso de traballos particulares durante a xornada, así como o emprego de útiles, ferramentas, maquinaria, vehículos e, xeral, bens da empresa para os que non estivera autorizado, ou para usos alleos ós do traballo encomendado, incluso fóra da xornada laboral.

i) O quebrantamento ou a violación de segredos de obriga da reserva que non produzan grave prexuízo á empresa.

j) A embriaguez habitual no traballo.

k) A falta de aseo e limpeza persoal cando poida afectar ó proceso productivo ou á prestación do servicio e sempre que, previamente, mediara a oportuna advertencia da empresa.

l) A execución deficiente dos traballos encomendados, sempre que diso non derivase prexuízo grave para as persoas ou cousas.

ll) A diminución do rendemento normal no traballo de xeito non repetido.

m) As ofensas proferidas verbalmente ou de obra, cometidas contra as persoas, dentro do centro de traballo, cando revistan unha acusada gravidade.

n) A reincidencia na comisión de cinco faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza e sempre que mediara sanción distinta de amoestación verbal, dentro dun trimestre.

3. Consideraranse faltas moi graves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída no traballo en dez ocasións durante seis meses ou vinte durante un ano, debidamente advertida.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens de propiedade da empresa, de compañeiros/as ou de calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa.

d) A simulación de enfermidade ou acidente ou a prolongación da baixa por enfermidade ou acidente coa finalidade de realizar calquera traballo por conta propia ou allea.

e) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa.

f) A embriaguez habitual ou toxicomanía, se repercute negativamente no traballo.

g) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

h) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal pactado.

i) A inobservancia dos servicios de mantemento no caso de folga.

j) O abuso de autoridade exercido por quen desenvolva funcións de mando.

k) O acoso sexual.

l) A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene, debidamente advertida.

ll) As derivadas dos epígrafes 1 d) e 2) l) e m) do presente artigo.

m) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, reiterando como tal aquela situación na que con anterioridade ó momento da comisión do feito, o traballador estivese sancionado dúas ou máis veces por faltas graves, aínda que de distinta natureza, durante o período dun ano.

Sancións.

As sancións máximas que se van aplicar por faltas poderán se-las seguintes:

Por falta leve: amoestación verbal ou escrita.

Pola reiteración de faltas leves: ata dous días de suspensión de emprego e soldo.

Por falta graves: ata sete días de suspensión de emprego e soldo.

Por falta moi grave: ata trinta días de suspensión de emprego e soldo ou despido disciplinario.

As faltas leves prescribirán ós dez días, as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días, a partir da data na que a empresa tivo coñecemento da súa comisión, e, en todo caso, ós cento vinte días de térense cometido.

As anotacións desfavorables que como consecuencia das sancións impostas puideran facerse constar nos expedientes persoais quedarán canceladas ó terse cumprido os prazos de dous, catro ou oito meses, segundo se trate de falta leve, grave ou moi grave.

Procedemento sancionador.

1. A sanción de faltas requirirá a comunicación escrita e motivada ó traballador.

2. A sanción de faltas moi graves requirirá a previa instrucción dun procedemento contradictorio sumario, con audiencia do traballador afectado e do comité de empresa tendo este último quince días naturais para emitir informe previo á imposición da sanción.

3. Durante a substanciación do expediente disciplinario aludido no epígrafe anterior, a dirección da empresa poderá acorda-la medida cautelar de suspensión de emprego.

4. A dirección da empresa informará ó comité de empresa sobre as sancións impostas por faltas graves e moi graves.

5. Cando o traballador estea afiliado a un sindicato, informarase ou escoitará o delegado sindical nos casos e cos procedementos previstos nos puntos 2 e 4 do presente artigo.

6. Tratándose de delegado sindical ou membro do comité de empresa/delegado de persoal, haberá que aterse ó disposto no artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 29º.-Garantías dos/as representantes dos/as traballadores/as.

A empresa garantirá que tódolos dereitos dos representates que a Lei 8/1980, do 10 de marzo, e a súa reforma (Lei 11/1984) prevé serán escrupulosamente cumpridos.

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas ás xuntanzas coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores/as trimestralmente.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 30º.-Traballadores/as a tempo parcial.

Os traballadores/a a tempo parcial rexeranse polas seguintes condicións na súa contratación:

1º Garantiráselles unha xornada de 158 días de traballo efectivo, de cómputo anual, correspondendo ó 70% da xornada anual do convenio colectivo de Bajamar Séptima, S.A.

A xornada poderase ampliar ata 202 días anuais, se nos meses últimos de cada ano se supera a xornada de 158 días, e reducirase no primeiro de xaneiro ó mínimo de 158 días no caso de que sexa superada.

2º O importe será por hora efectiva de traballo e calcularase con base na seguinte fórmula:

SBA da categoría

2000

SBA: salario bruto anual

Garantirase por parte da empresa un mínimo de 27 días de traballo trimestrais máis un complemento de dispoñibilidade mensual segundo táboas salariais anexas, este último independentemente dos días que se traballen no mes.

Como norma xeral o horario coincidirá cos horarios establecidos para o resto do cadro de persoal nos casos de que o dito horario sexa diferente estas traballadoras e traballadores contarán a parte dos 15 minutos de descaso retribuído con outros 15 minutos de descanso non retribuído que se desfrutarán conxuntamente entre a terceira e a quinta hora desde o inicio da xornada.

Garantízase un mínimo de dúas horas de traballo por chamada para pizzas refrixeradas, máis un complemento de desprazamento segundo convenio.

A empresa intentará completa-la xornada noutra actividade.

Bajamar Séptima, S.A. comprométese a que tódolos venres saia publicado no taboleiro de anuncios a asignación do programa de traballo de cada traballador/a para a semana seguinte. No caso de que o dito calendario se vexa reducido, a empresa aboará a totalidade das horas programadas e no caso de que se amplíe pagaranse o exceso de horas non programadas como horas extras salvo que o dito incremento se produza debido a ausencias imprevistas do persoal comunicadas ó comité.

A empresa empregará traballadores/as de Bajamar Séptima, S.A. a tempo parcial (fixos ou temporais) antes que traballadores/as de ETTs, de xeito, que non haberá traballadores/as de cadro de persoal de Bajamar Séptima, S.A. coa xornada reducida (sen traballar) e traballadores/as de ETTs prestando os seus servicios na empresa, podendo esta acollerse no caso de xornada reducida ó Decreto 1561/1995, ata unha vez na semana, non sendo consideradas horas extras as que sexan realizadas por estes mesmos traballadores/as e non figuren incluídas no cadrante, agás que estean a supera-la xornada máxima diaria, semanal ou anual.

Polo que se refire ás compensacións horarias e descansos haberá que aterse ó disposto no decreto mencionado respectando o convenio colectivo e contratos individuais.

Para futuras contratacións haberá que aterse ó pactado no seu contrato.

ANEXO I

A partir de entrada en vigor deste convenio as novas contratacións que se realicen recollerán as especificacións relativas ó traballo en productos refrixerados, xornada anual, vacacións e descansos.

ANEXO II

Os traballos e tarefas que afecten á producción de productos refrixerados, dada a súa substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, poderanse cubrir mediante contratos de obra ou servicio determinado.

ANEXO III

A empresa comprométese a respecta-lo acordo subscrito co comité de empresa o día 10-9-1996, e rexistrado na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30-9-1996, co número 438 nos seus epígrafes 2 e 3.

ANEXO IV

O persoal de mantemento que realice xornada nocturna e que supere as 55 noites de xornada nocturna ó ano percibirá, á parte dos complementos que viña percibindo, a cantidade de 523 pesetas por noite a partir da noite 56 (inclusive).

Bajamar Séptima, S.A.

(Grupo Pescanova)

Táboa salarial por sección e categoría

Ano 2001

x12 Pagasx1 Pagax3 Pagas

Cod.Seccións e

categorías

Salario

base

Complemento

convenio

Complementos

categoría

Salario

mensual

Extra

outubro

Pagas

extra

Salario

2001

Hora

extra

Hora

extra fest.

Hora

formación

100Titulados e técnicos

101Grao superior ou asimilados82.0028.731163.841254.57494.362763.7213.912.9653.9194.4792.239

102Grao medio ou asimilados82.0028.731146.869237.60194.362712.8043.658.3833.6634.1862.093

103Técnicos titulados82.0028.73178.983169.71694.362509.1482.640.1032.6403.0171.509

104Técnicos non titulados82.0028.73162.012152.74594.362458.2342.385.5302.3842.7251.363

105Axudante técnico titulado82.0028.73145.040135.77394.362407.3192.130.9582.1292.4331.216

106Axudante técnico non titulado82.0028.73130.171120.90494.362362.7111.907.9181.8732.1401.070

200Administración xeral

201Xefe de departamento82.0028.731169.547260.28094.362780.8413.998.5654.0054.5772.288

202Xefe de sección82.0028.731165.459256.19194.362768.5743.937.2333.9434.5072.253

203Oficial 1ª82.0028.73162.638153.37094.362460.1112.394.9182.3782.7181.359

204Oficial 2ª82.0028.73157.769148.50294.362445.5052.321.8872.3202.6521.326

205Auxiliar 1ª82.0028.73128.068118.80194.362356.4021.876.3731.8732.1401.070

206Auxiliar 2ª82.0028.73111.097101.83094.362305.4911.621.8161.6171.848924

207Aspirante ou bolseiro82.0028.7316.85497.58794.362292.7621.558.1701.5531.775888

300Cámaras e almacéns

300Xefe de equipo82.0028.73187.469178.20194.362534.6042.767.3832.7683.1631.582

301Oficial 1ª82.0028.73145.040135.77394.362407.3182.130.9522.1292.4331.216

302Oficial 2ª82.0028.73135.452126.18594.362378.5541.987.1301.9842.2681.134

303Especialista carreteiro82.0028.73125.352116.08594.362348.2551.835.6381.8322.0941.047

304Operario/a82.0028.7313.63094.36394.362283.0891.509.8081.5051.720860

305Mozos82.0028.731090.73394.362272.1991.455.3551.4501.657829

400Mantemento

401Xefe de equipo82.0028.73187.468178.20194.362534.6022.767.3702.7683.1631.582

402Oficial 1ª82.0028.73178.983169.71694.362509.1472.640.0972.6403.0171.509

403Oficial 2ª82.0028.73171.855162.58894.362487.7632.533.1762.5332.8951.447

404Especialista82.0028.73142.239132.97294.362398.9172.088.9472.0862.3841.192

405Operario/a82.0028.73128.068118.80194.362356.4031.876.3791.8732.1401.070

500Fabricación

501Encargada xeral82.0028.731121.412212.14494.362636.4333.276.5283.2793.7481.874

x12 Pagasx1 Pagax3 Pagas

Cod.Seccións e

categorías

Salario

base

Complemento

convenio

Complementos

categoría

Salario

mensual

Extra

outubro

Pagas

extra

Salario

2001

Hora

extra

Hora

extra fest.

Hora

formación

502Xefe/a de equipo82.0028.73178.983169.71694.362509.1472.640.0972.6403.0171.509

503Oficial 1ª82.0028.73145.040135.77394.362407.3182.130.9522.1292.4331.216

504Oficial 2ª82.0028.73135.451126.18494.362378.5521.987.1241.9842.2681.134

505Especialista82.0028.73125.352116.08594.362348.2551.835.6381.8322.0941.047

506Operario/a82.0028.7313.63094.36394.362283.0891.509.8081.5051.720860

Subida do 4,5% con revisión salarial do IPC

Outros complementosAno ou díaMensual

Frío -25º complemento ano/12 pagas226.66718.889

Frío 0º complemento ano/12 pagas122.57110.214

Nocturnidade día efectivo1.22636.767

Nocturnidade voluntaria diaria1.67236.779

Complemento de locomoción mensual157.03213.086

Complemento de dispoñibilidade mensual11.431

Antigüidade trienio85.2825.330

Antigüidade seis anos170.56410.660

Antigüidade nove anos255.84615.990

Nota: subir 4,5% a nocturnidade.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA