Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 5 de decembro de 2001 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos adecuadamente preparados ós concellos da Comunidade Autónoma galega que conten con servicios de policía local.

Por Orde do 23 de febreiro de 2001 (DOG nº 47, do 7 de marzo), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio á Policía Local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

A teor do disposto na disposición adicional desta orde, na que se establecía que a achega compensatoria realizada polos beneficiarios segundo o disposto no artigo 6.2º a) podería xerar créditos no estado de gastos do orzamento desta consellería, que poderían ser utilizados na adquisición e adxudicación de máis vehículos,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.05.624.0, programa 123.A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, a cesión en propiedade dun vehículo equipado para uso da policía local ós seguintes concellos:

1. Vehículos tipo turismo: Cervo e Ribadavia.

2. Vehículos tipo todo terreo: Bueu.

3. Motocicletas: O Grove, Marín, Gondomar e Rábade.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais