Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 137

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de novembro de 2001 pola que se autoriza o cambio de denominación dos institutos de educación secundaria número 1 de Boiro (A Coruña) e número 11 de Vigo (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, a proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Boiro.

Localidade: Boiro.

Código do centro: 15027851.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria número 1 de Boiro.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria A Cachada.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Coruxo.

Código do centro: 36019426.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria número 11.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Coruxo.