Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 137

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de novembro de 2001 pola que se autoriza o cambio de titularidade, cambio de domicilio por traslado de instalacións e o ciclo formativo de grao superior de dietética ó centro privado Proden da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Proden da Coruña, no que solicita o cambio de titularidade, cambio de domicilio por traslado de instalacións e o ciclo formativo de grao superior de dietética.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio) sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde

do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que, á vista da documentación achegada, a titularidade do centro correspóndelle a Dietética y Nutrición, S.L.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de titularidade ó centro privado Proden a favor de Dietética y Nutrición, S.L.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Segundo.-Autoriza-lo cambio de domicilio por traslado de instalacións para Ronda de Outeiro, 228-230.

Terceiro.-Autoriza-lo dito centro para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior de dietética, segundo se especifica no anexo desta orde.

Cuarto.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Ronda de Outeiro, 228-230.

Código do centro: 15026054.

Denominación: centro privado Proden.

Titular: Dietética y Nutrición, S.L.

Composición resultante:

Familia profesional: sanidade.

1 ciclo formativo de grao superior de dietética (2 unidades para 30 alumnos/unidade).