Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T. estación-A Pobra, no concello da Pobra do Brollón, e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 12/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan

coas características técnicas que se relatan a continuación:

Petición: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. derivación a C.T. Casanova e remate na L.M.T. derivación a C.T. estación de 560 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálico en conductor LA-110.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade públi

ca das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta

días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 15 de novembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 12/2000 Provincia: Lugo.

L.M.T. a C.T. de estación A Proba (tramo 1)Termo municipal: A Pobra do Brollón.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Souto do ReiMonte baixoDescoñecidoDescoñecido11,564640

2Souto do ReiLabradíoFlorencio González LópezMartul, 4

27334-A Proba do Brollón

21,584840

3Souto do ReiPiñeiralCelia Macía e outrosFisterra, 5 2ª

36203-Vigo

48

4Souto do ReiPradoHrdos. Avelino Fernández

Corujo

Avda. Vilacha, 1

27331-A Pobra do Brollón

3275750

5Souto do ReiPradoPilar Casas VilaR/ Calvo Sotelo, 71 3ª B

27500 Monforte

4252520

6Souto do ReiPradoHrdos. Francisco GonzálezAvda. Vilacha, 11

27331-A Pobra do Brollón

30280

7Souto do ReiPradoHrdos. Carmen López

Macía

R/ Roberto Baamonde, 57

27500 Monforte

56580